Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Martes, 21 de abril de 2015 Páx. 15287

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 23 de marzo de 2015, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo interposto por Purificación Reguillo Calero.

No Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Lugo, tramítase o recurso 176/2014-F (procedemento abreviado) interposto por Purificación Reguillo Calero contra a Resolución do 8 de xaneiro de 2014, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se resolve, con carácter definitivo, o concurso de traslados para a provisión de diversas prazas básicas de persoal licenciado sanitario, convocado por Resolución do 10 de maio de 2012 (facultativo/a especialista de área de Psicoloxía Clínica) (DOG núm. 12, do 20 de xaneiro de 2014).

O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer no xulgado como demandadas no prazo de nove días, de conformidade co previsto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 23 de marzo de 2015

Margarita Prado Vaamonde
Directora xeral de Recursos Humanos