Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Martes, 21 de abril de 2015 Páx. 15288

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 13 de abril de 2015, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo interposto por María Concepción Esteban Garrido.

No Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Santiago de Compostela tramítase o recurso 13/2015 (procedemento abreviado), interposto por María Concepción Esteban Garrido contra a Resolución desta dirección xeral do 31 de outubro de 2014 que desestima o recurso de reposición interposto fronte á Resolución do 8 de xaneiro de 2014, da Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, pola que se convoca concurso de traslados para a provisión de diversas prazas de persoal licenciado sanitario deste organismo (DOG núm. 13, do 21 de xaneiro), corrixida pola Resolución do 20 de febreiro de 2014 (DOG núm. 43, do 4 de marzo).

O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer como parte no xulgado no prazo de nove días, de conformidade co previsto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 13 de abril de 2015

Margarita Prado Vaamonde
Directora xeral de Recursos Humanos