Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Martes, 21 de abril de 2015 Páx. 15221

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (267/2014).

Juan Rey Pita, secretario xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento sobre seguridade social 267/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Margarita Estévez Insua contra Usual Garments, S.L. e o Servizo Público de Emprego Estatal, sobre seguridade social, ditouse sentenza, cuxo ditame di:

«Que debo desestimar e desestimo a demanda interposta por Margarita Estévez Insua, contra o Servizo Público de Emprego Estatal e Usual Garments, S.L., e, en consecuencia, debo absolver e absolvo as demandadas das pretensións contra elas articuladas, ao ter sido resolta correctamente a súa pretensión en vía administrativa pola Resolución do 18 de marzo de 2015 da Dirección Provincial da Coruña do Servizo Público de Emprego Estatal.

Notifíquese esta resolución ás partes ás cales se fará saber que esta non é firme e contra ela cabe interpoñer recurso de suplicación para ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Social, debendo anuncialo ante este xulgado no prazo de cinco días contados desde a notificación desta sentenza, por comparecencia ou por escrito, pasados os cales quedará firme e procederase ao seu arquivamento.

En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso, no momento de anuncialo. Así por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma á Empresa Usual Garments, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Boletín Oficial da provincia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 31 de marzo de 2015

O secretario xudicial