Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Martes, 21 de abril de 2015 Páx. 15222

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (51/2014).

Juan Rey Pita, secretario xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fai saber que no procedemento ordinario 51/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Antonio Cantariño Rodríguez contra Radmar, S.L., Fondo de Garantía Salarial sobre reclamación de cantidade, se ditou o seguinte auto de aclaración de sentenza:

Que debo rectificar a sentenza ditada nas presentes actuacións o pasado día 11 de marzo de 2015, quedando redactado o seu feito probado segundo na forma que a continuación se explicitará, manténdose integramente no restante:

«Segundo. O cesamento de Antonio Cantariño Rodríguez en Radmar S.L. realizouse en virtude de despedimento obxectivo, por causas económicas, notificado o 12 de novembro de 2013 e con efectos do 30 de novembro de 2013, en que se fixaba unha indemnización a razón de 16.065 €, asumindo a empresa o aboamento do 60 % da citada cantidade, 9.639 €, que non aboou ao traballador...».

Notifíquese esta resolución ás partes, advertindo que contra ela non cabe interpor ningún recurso distinto do recurso de suplicación que, de ser o caso, se formule contra a sentenza. Así, por este auto, o manda e asina a maxistrada-xuíza Pilar Carreira Vidal. Dou fe.

E para que sirva de notificación en legal forma á empresa Radmar, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Boletín Oficial da provincia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 31 de marzo de 2015

O secretario xudicial