Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Martes, 21 de abril de 2015 Páx. 15223

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (195/2013).

Execución de títulos xudiciais 195/2013

Procedemento orixe: procedemento ordinario 167/2013

Sobre ordinario

Demandantes: María Luisa Presas Rodríguez, José Manuel Carballude Otero

Demandados: Fondo de Garantía Salarial, Prefabricados Deza, S.C.G.

Eu, Marina García de Evan, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 195/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Luisa Presas Rodríguez e José Manuel Carballude Otero contra Prefabricados Deza, S.C.G., sobre ordinario, se ditou a resolución cuxa parte dispositiva dispón:

Acordo:

1. Unir contestación do Banco Sabadell en que se comunique que non se realizou ingreso ningún na dita entidade en cumprimento do requirimento efectuado por este xulgado.

2. Declarar o executado, Prefabricados Deza, S.C.G., en situación de insolvencia por importe de 16.927,22 euros, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisional.

3. Arquivar as actuacións logo de anotación no libro correspondente, sen prexuízo de reabrir a execución se en diante se coñecen novos bens do executado.

Para que lle sirva de notificación en legal forma a Prefabricados Deza, S.C.G., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 30 de marzo de 2015

A secretaria xudicial