Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Martes, 21 de abril de 2015 Páx. 15224

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (51/2012).

María Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento ordinario 51/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de María José Puga Brea contra Meicorla S.L., Panadería La Tahona de San Juan, S.L., sobre ordinario, se ditou sentenza o 24 de marzo de 2015 cuxo encabezamento e decisión é do teor literal seguinte:

Sentenza 108/2015.

Santiago de Compostela, 24 de marzo de 2015.

Vistos por min, Paula Méndez Domínguez, maxistrada titular do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, os presentes autos de procedemento ordinario número 51/2012 sobre reclamación de cantidade, seguidos por instancia de María José Puga Brea, representada e asistida pola letrada Sra. Cancela Regueira, contra Meicorla, S.L., e Panadería La Tahona de San Juan, S.L., que non compareceron ao acto do xuízo oral; foi citado o Fogasa, que non compareceu ao acto do xuízo oral. En virtude das facultades que me foron dadas pola Constitución española, dito a presente sentenza, con base nos seguintes,

Decido:

Que estimando parcialmente a demanda interposta por María José Puga Brea, contra Meicorla S.L. e Panadería La Tahona de San Juan S.L., e Fogasa, debo condenar e condeno as mercantís demandadas solidariamente a que lle aboen á demandante a suma de 1.646,80 euros polos conceptos desagregados no feito probado terceiro desta sentenza, máis o xuro do artigo 29.3 do ET sobre a dita cantidade desde a interposición da papeleta de conciliación ata a presente resolución e os xuros do artigo 576 da LAC a partir da presente resolución.

No que atinxe á responsabilidade subsidiaria do Fogasa, debe aterse ao que resulte da aplicación do artigo 33 do ET.

Notifíqueselles ás partes e ao Fogasa a presente resolución e fágaselles saber que fronte a ela non cabe recurso.

A anterior resolución entregaráselle ao secretario para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que sirva de notificación en legal forma a Panadería La Tahona de San Juan, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 24 de marzo de 2015

A secretaria xudicial