Coa data do 19 de marzo de 2015, a xefa territorial da Consellería de Sanidade ditou acordo de inicio do expediente sancionador 2015044TA-CO incoado a Manuel Rey Luhia.
Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 59.2 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e ao abeiro do disposto no número 5 do dito artigo, notifícaselle a Manuel Rey Luhia o contido do acordo de inicio que figura como anexo para que poida ter coñecemento del.
Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o asiste ao abeiro do disposto no número 1 do artigo 16 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, para presentar alegacións, ante a xefatura territorial, no prazo de quince (15) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente depositado nas dependencias da xefatura, sita na rúa Durán Loriga, 3, A Coruña, e a obter, se é o caso, copia do expediente, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.
Advírteselle que, no caso de non efectuar alegacións sobre o contido do dito acordo no citado prazo, o acordo de inicio se considerará proposta de resolución cando conteña un pronunciamento preciso acerca da responsabilidade imputada, cos efectos previstos nos artigos 18 e 19 do Real decreto 1398/1993.
Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, en cumprimento do disposto co artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.
A Coruña, 30 de marzo de 2015
Cristina Pérez Fernández
Xefa territorial da Coruña
ANEXO
Nº de expediente: 2015044TA-CO.
Interesado: Manuel Rey Luhia.
DNI/NIF/CIF: 32424271K.
Último enderezo coñecido: A Tapia, 22, 2º D, El Temple,15660 Cambre.
Feito/s imputado/s: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria.
Artigo/s infrinxido/s:
– Lei 28/2005, do 26 de decembro, de medidas sanitarias fronte ao tabaquismo e reguladora da venda, a subministración, o consumo e a publicidade dos produtos do tabaco, modificada pola Lei 42/2010, do 30 de decembro: artigo 7.u), artigo 19. 2.a) e artigo 20.1.
Tipificación provisional: leve.
Sanción proposta: 30 €.