Con data do 19 de marzo de 2015, a xefa territorial da Consellería de Sanidade ditou acordo de inicio do expediente sancionador 2015068AL-CO incoado a Industrias Muíños Insua, S.L.
Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 59.2 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e ao abeiro do disposto no número 5 do dito artigo, notifícase a Industrias Muíños Insua, S.L. o contido do acordo de inicio que figura como anexo para que poida ter coñecemento del.
Así mesmo, fáiselle saber o dereito que a asiste ao abeiro do disposto no número 1 do artigo 16 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, para presentar alegacións, ante a xefatura territorial, no prazo de quince (15) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente depositado nas dependencias da xefatura, sita na rúa Durán Loriga, 3, A Coruña, e a obter, se é o caso, copia do expediente, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.
Advírteselle que, no caso de non efectuar alegacións sobre o contido do dito acordo no citado prazo, o acordo de inicio se considerará proposta de resolución cando conteña un pronunciamento preciso acerca da responsabilidade imputada, cos efectos previstos nos artigos 18 e 19 do Real decreto 1398/1993.
Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación á interesada, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.
A Coruña, 30 de marzo de 2015
Cristina Pérez Fernández
Xefa territorial da Coruña
ANEXO
Nº de expediente: 2015068AL-CO.
Interesada: Industrias Muíños Insua, S.L., (Industrias Muíños Insua, S.L).
DNI/NIF/CIF: B15069214.
Último enderezo coñecido: Santa María de Vigo, 9,15660 Cambre.
Feito imputado: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria.
Artigos infrinxidos:
– Regulamento (CE) 852/2004, do 29 de abril, do Parlamento Europeo e do Consello, relativo á hixiene dos produtos alimenticios (DO núm. 139, do 30 de abril; rectif. DO núm. 204, do 4 agosto de 2007): anexo II, capítulo IV.7.
– Lei 17/2011, do 5 de xullo, de seguridade alimentaria e nutrición (BOE núm. 160, do 6 de xullo): artigo 50.1.e), artigo 51.1, epígrafe 4 e epígrafe 10.
Tipificación provisional: leve.
Sanción proposta: 300 €.