De acordo co previsto no artigo 154 do texto refundido da Lei de contratos do sector público, Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, faise pública a formalización do seguinte contrato administrativo:
1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.
c) Enderezo da internet do perfil do contratante:
http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=21730
2. Obxecto do contrato.
Tipo: servizos.
Descrición: xestión do servizo público, en réxime de concesión, para a explotación de forma integral do Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre de Campo Lameiro (Pontevedra).
Tramitación e procedemento:
a) Tramitación: ordinaria, expediente anticipado de gasto.
b) Procedemento: aberto.
3. Orzamento base de licitación: 396.694,22 €, IVE excluído.
4. Formalización do contrato.
a) Data da adxudicación: 18 de marzo de 2015.
b) Data da formalización do contrato: 31 de marzo de 2015.
c) Contratista: Trivium Estratexias en Cultura e Turismo, S.L.
d) Importe de adxudicación: 332.231,41 €, IVE excluído.
e) Vantaxes da oferta adxudicataria: única empresa licitadora e que presentou unha oferta vantaxosa para a Administración, logo de aplicar os criterios de adxudicación que se establecen no prego de cláusulas administrativas que rexe o procedemento.
Santiago de Compostela, 8 de abril de 2015
P.D. (Orde do 25.1.2012)
Jesús Oitavén Barcala
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura, Educación
e Ordenación Universitaria