Unha vez rematada a fase de oposición do proceso selectivo para o ingreso no corpo superior de administración da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala superior de finanzas convocado pola Orde do 16 de xullo de 2013 (DOG núm. 140, do 24 de xullo) e verificada a concorrencia dos requisitos exixidos nas bases da convocatoria, esta consellería, de acordo co disposto no Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia, no Decreto 95/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de selección de persoal da Administración da Xunta de Galicia e nas bases da convocatoria do proceso selectivo,
DISPÓN:
Primeiro. Nomear funcionarios/as en prácticas do corpo superior de administración da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala superior de finanzas aos/ás aspirantes que superaron a fase de oposición do proceso selectivo convocado pola Orde do 16 de xullo de 2013, e que figuran no anexo ordenados/as de acordo coa puntuación final obtida.
O nomeamento terá efectos, segundo establece a base V.4 da convocatoria, desde a data de inicio do período de prácticas regulamentado na resolución da Consellería de Facenda con data do 21 de abril de 2015.
A situación xurídica dos/das aspirantes nomeados/as funcionarios/as en prácticas será a prevista no Decreto 95/1991, do 20 de marzo, e demais disposicións concordantes.
Segundo. Convocar os/as nomeados/as ao acto de adxudicación de destinos en prácticas que terá lugar na sala de xuntas da Consellería de Facenda (Edificio Administrativo da Xunta de Galicia, San Caetano s/n, Santiago de Compostela) ás 10.00 horas do día 30 de abril de 2015.
Terceiro. Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer, con carácter potestativo, recurso de reposición ante o conselleiro de Facenda no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde esa mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme ao disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 21 de abril de 2015
Valeriano Martínez García
Conselleiro de Facenda
Anexo
Nº orde |
DNI |
Apelidos e nome |
1 |
34893479H |
Lozano del Río, Ana |
2 |
46912810D |
Leis Mol, Pablo |
3 |
53172075P |
Míguez Pastoriza, Clara |