Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Luns, 27 de abril de 2015 Páx. 16010

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (1107/2013).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 1107/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Antón Silva Domínguez, Sergio Quiñoy Taboada e Sergio García Fernández, contra Ferrolace, S.L., Irevir Transporte Urgente, S.L., Jaisuyoma Arias Bastos, S.L., Fondo de Garantía Salarial sobre ordinario, se ditou sentenza número 108 cuxos encabezamento e decisión son do teor literal:

Sentenza:

Santiago de Compostela, 27 de marzo de 2015.

Susana Villarino Moure, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, despois de ver os presentes autos número 1107/2013, promovidos ante este xulgado do Social sobre reclamación de cantidade, por instancia de Antón Silva Domínguez, Sergio García Fernández e Sergio Quiñoy Taboada, asistidos polo graduado social Pablo Castro Wagner contra Jaisuyoma Arias Bastos, S.L., Ferrolace, S.L., Irevir Transporte Urgente, S.L., que non comparecen, Fogasa, que non comparece, pronunciou a seguinte sentenza.

(…)

Decido:

Que debo estimar e admito a demanda presentada e en consecuencia condeno solidariamente a Jaisuyoma Arias Bastos, S.L., Ferrolace, S.L., Irevir Transporte Urgente, S.L. a pagar:

1º. A Antón Silva Domínguez 3.499,60 euros.

2º. A Sergio García Fernández 3.964,72 euros.

3º. A Sergio Quiñoy Taboada 2.921,20 euros.

Importes que se incrementarán todos eles cos xuros do artigo 29.3 do ET.

4º. Ao aboamento das custas procesuais con inclusión dos honorarios do graduado social da parte demandante que se fixan no importe de 200 euros.

Condeno o Fogasa a estar e pasar pola presente resolución nos termos do artigo 23.6 inciso primeiro LRXS.

Notifíquese a presente resolución ás partes facéndolles saber que contra esta cabe recurso de suplicación no prazo de cinco días desde a súa notificación.

Lévese o orixinal desta resolución ao libro de sentenzas e déixese testemuño nas actuacións.

Así o acordo, mando e asino.

A maxistrada xuíz.

E para que sirva de notificación en legal forma a Jausytina Arias Bastos, S.L. e Irevir Transporte Urgente, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e a súa publicación no taboleiro do xulgado.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de localización.

Santiago de Compostela, 1 de abril de 2015

A secretaria xudicial