Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Luns, 27 de abril de 2015 Páx. 16008

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (667/2014).

Mariña García de Evan, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fai saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 667/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de María José Carracelas Acuña contra a empresa Elaborados Santamar, S.L., Mar de Noruega, S.L., Frigoríficos de Mourente, S.L., Enrique Costas Mira, Frimarsan, S.L., Juan Ramiro Agra Requeijo, Fondo de Garantía Salarial, sobre despedimento, ditouse sentenza cuxa resolución é a seguinte:

«Estimando a demanda interposta por Mª José Carracelas Acuña fronte ás mercantís Elaborados Santamar, S.L., Frimarsan, S.L., Frigoríficos de Mourente, S.L., Mar de Noruega, S.L., declaro extinguida a relación laboral entre as partes, e condeno as demandadas a que aboen de forma solidaria á demandante unha indemnización de 20.917,47 euros.

Igualmente, condeno a demandada a aboar á demandante a cantidade de 6.493,63 euros, máis o xuro legal do 10 % por demora respecto ás cantidades de natureza salarial, a teor do disposto artigo 29.3 do ET.

Con intervención das administracións concursais das demandadas e do Fogasa.

Contra a presente resolución cabe interpoñer recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme establecen os artigos 191 e seguintes a Lei reguladora da xurisdición social, que se debe anunciar dentro dos cinco días seguintes á notificación desta sentenza, debendo consignar a recorrente, coa interposición do recurso e coas excepcións previstas no artigo 229 do texto citado, a suma de 300 euros na conta que este xulgado ten aberta na oficina principal de Banesto desta cidade, baixo a denominación depósitos e consignacións, co número 5081, especificando a clave 65 ao tratarse dun recurso de suplicación.

Así mesmo, e coa excepción prevista no artigo 230 do texto mencionado, será indispensable acreditar no momento do anuncio do recurso ter consignado, na conta anteriormente citada, a cantidade obxecto de condena, ben que se pode proceder a asegurar a suma por medio de aval bancario, con responsabilidade do avalista».

E para que sirva de notificación en legal forma a Frimarsan, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 6 de abril de 2015

A secretaria xudicial