Intentada a notificación á persoa que se indica a continuación sen que se puidese practicar, resolvo notificar por este medio, ao abeiro do artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, o acordo de iniciación ditado no expediente sancionador que se relaciona no anexo, por infracción da Lei 14/1985, do 23 de outubro, de xogo de Galicia.
De conformidade co establecido no artigo 32.1.a) da Lei 14/1985, do 23 de outubro, e Decreto 72/2013, do 25 de abril, a competencia para impoñer esta clase de sancións correspóndelle ao director xeral de Emerxencias e Interior.
Noméase instrutora do expediente a Margarita Olmo Bosco e secretaria a Patricia García Martín, que poderán ser recusadas en calquera momento da tramitación do expediente nos casos e na forma previstos no artigo 29 da Lei 30/1992, do 26 de novembro. O interesado disporá dun prazo de quince días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación desta notificación, para exercer o dereito de audiencia e formular alegacións, presentar documentos ou informacións que coide convenientes na súa defensa e, se é o caso, propoñer proba, podendo recoñecer voluntariamente a súa responsabilidade cos efectos previstos no artigo 8 do Real decreto 1398/1993.
No suposto de non efectuar alegacións sobre o contido da iniciación do procedemento no prazo indicado, a iniciación poderá ser considerada proposta de resolución cos efectos previstos nos artigos 18 e 19 do Real decreto 1398/1993.
En cumprimento do artigo 42.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común –LRXPAC– (modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro), infórmase de que o prazo máximo para resolver e notificar o procedemento é dun ano contado desde o acordo de inicio (artigo 32.2 da Lei 14/1985, do 23 de outubro).
Infórmase igualmente de que a tramitación do expediente se realiza na Xefatura Territorial da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, sita no Edificio Administrativo Monelos; rúa Vicente Ferrer, 2, 15008 A Coruña.
A Coruña, 30 de marzo de 2015
María Barreiro Lázare
Xefa territorial da Coruña
ANEXO
Nº de expediente: C-11/15.
Denunciado: Gil Vázquez Vázquez.
DNI/CIF: 34247993G.
Enderezo: Camiño Pipín, 13, 1, 27293 Labio (Castroverde).
Precepto infrinxido: artigo 28.n) da Lei 14/1985, do 23 de outubro.
Precepto sancionador: artigo 31.1 da Lei 14/1985, do 23 de outubro.
Multa para impoñer se non efectúa alegacións: 18.000,01 €.