De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que se relaciona no anexo o acordo de iniciación ditado no expediente sancionador por infracción á Lei orgánica 1/1992, do 21 de febreiro, de protección da seguridade cidadá, por non ser posible a súa notificación.
A competencia para impor esta clase de sancións correspóndelles aos xefes territoriais da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, segundo o Real decreto 1640/1996, do 5 de xullo, desenvolvido polo Decreto 360/1996, do 26 de setembro, de atribución aos órganos da Comunidade Autónoma de Galicia do exercicio da potestade sancionadora en materia de espectáculos públicos, en relación co artigo 29.1º d) da LOSC e a disposición transitoria primeira do Decreto 245/2009, do 30 de abril, polo que se regulan as xefaturas territoriais da Xunta de Galicia (DOG do 1 de maio).
Infórmase de que, de conformidade co establecido no artigo 135 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, e nos artigos 3, 18 e 19 do Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora (Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto), conta cun prazo de quince días hábiles, contados desde a publicación, para exercer ante a instrutora o dereito de audiencia e formular alegacións, así como examinar o expediente nestas dependencias. Igualmente poderá exercer o dereito de recusación nos casos e na forma prevista no artigo 29 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
A tramitación do expediente realízase na oficina da Xefatura Territorial da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, sita na avda. da Habana nº 79-2º de Ourense.
No suposto de non efectuar alegacións sobre o contido da iniciación do procedemento, no prazo indicado, a iniciación poderá ser considerada proposta de resolución cos efectos previstos nos artigos 18 e 19 do Real decreto 1398/1993.
Ourense, 7 de abril de 2015
P.A.
Marisol Díaz Mouteira
Secretaria territorial de Ourense
ANEXO
Número de expediente: OU-E-58/2015.
CIF: B-32422933.
Denunciada: Granxa Pena, S.L.
Enderezo: r/ Curros Enríquez nº 6, Xinzo de Limia (Ourense).
Establecemento: Berlín Este, r/ Curros Enríquez nº 6, Xinzo de Limia (Ourense).
Precepto infrinxido: artigo 26.e) da Lei 1/1992, do 21 de febreiro, modificada pola Lei 4/1997.
Número de expediente: OU-E-59/2015.
CIF: 49669625-R.
Denunciada: Rosimar Medeiros de Freitas.
Enderezo: lg. Boncomezo nº 6, Coles (Ourense).
Establecemento: Ourense Noite, lg. Boncomezo nº 6, Coles (Ourense).
Precepto infrinxido: artigo 26.e) da LO 1/1992, do 21 de febreiro, modificada pola LO 4/1997.