Procedemento ordinario 324/2014
Sobre ordinario
Demandante: Marta Cruz Antelo
Avogada: Lida Vázquez Méndez
Demandados: Callidora Aesthetic, S.L.U., Fogasa
María Blanco Aquino, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 da Coruña, fago saber que no Xulgado do Social número 1 da Coruña se ditou resolución o 27 de marzo de 2015, dirixida a Callidora Aesthetic, S.L.U., contra a que se poden interpoñer os oportunos recursos de suplicación no prazo de cinco días. Faise saber que no devandito órgano xudicial os interesados poderán ter coñecemento íntegro do acto.
E para que sirva de notificación en legal forma a Callidora Aesthetic, S.L.U., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.
Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.
A Coruña, 27 de marzo de 2015
A secretaria xudicial