Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Luns, 27 de abril de 2015 Páx. 16001

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (3904/2012).

Eu, M. Socorro Bazarra Varela, secretaria xudicial da Sección número 1 da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento recurso de suplicación 3904/2012 desta sección, seguido por instancia de María del Carmen Alvariño Crespo contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Navantia, S.A., Mutua Asepeyo, Mutua La Fraternidad-Muprespa, Innaval, S.L., Izar Construcións Navais, S.A., Montajes Alfer, sobre viuvez, se ditaron as seguintes resolucións:

Dilixencia de ordenación da secretaria xudicial.

M. Socorro Bazarra Varela.

A Coruña, 6 de abril de 2015.

Póñoa eu, a secretaria xudicial para facer constar que, con data do 1 de abril de 2015, se recibiron procedentes da Sala do Social Cuarta do Tribunal Supremo, as presentes actuacións xunto con testemuño da resolución do recurso de casación en unificación de doutrina.

Acordo comunicar a súa recepción á Sala do Social Cuarta do Tribunal Supremo e cumprir o ordenado na súa resolución.

Remítanse as actuacións ao órgano xudicial de procedencia con certificación da sentenza ditada por esta sala.

Unha vez consten recibidas as notificacións de recibo do órgano xudicial de procedencia así como da notificación ás partes desta resolución, arquívense as actuacións deixando nota nos libros deste tribunal.

Notifíquese esta resolución ás partes.

Modo de impugnación: mediante recurso de reposición a interpoñer perante quen dita esta resolución no prazo dos cinco (5) días seguintes á súa notificación que deberá expresar a infracción que a xuízo do recorrente contén a resolución de conformidade ao disposto no artigo 186 e 187 da LXS.

«Auto.

Tribunal Supremo. Sala do Social.

José Luis Gilolmo López, María Lourdes Arastey Sahún e Jesús Souto Prieto.

En Madrid, vinte e sete de xaneiro de dous mil quince.

É maxistrado relator, José Luis Gilolmo López.

A sala acorda declarar a inadmisión do recurso de casación para a unificación de doutrina interposto pola letrada María Veiga Ramos, en nome e representación de María del Carmen Alvariño Crespo, contra a sentenza ditada pola Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, con data do 30 de xuño de 2014, no recurso de suplicación número 3904/2012, interposto por María del Carmen Alvariño Crespo, fronte á sentenza ditada polo Xulgado do Social número 2 de Ferrol, do 28 de marzo de 2012, no procedemento n° 757/2011 seguido por instancia de María Carmen Alvariño Crespo contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, Innaval, S.L., Montajes Alfer, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Muprespa, Izar Construcciones Navales en Liquidación, S.A., Asepeyo, Navantia, S.A., sobre viuvez.

Declárase a firmeza da sentenza recorrida, sen imposición de custas á parte recorrente.

Contra este auto non cabe recurso ningún. Devólvanse os autos de instancia e o rolo de suplicación á Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia de procedencia con certificación desta resolución e comunicación.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de localización».

E para que sirva de notificación en legal forma a Montajes Alfer e Innaval, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 6 de abril de 2015

A secretaria xudicial