Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Luns, 27 de abril de 2015 Páx. 16006

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (677/2014).

María Jesús Hernando Arenas, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fai saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 677/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Manuel Antonio Reboredo Fraga contra Sarman, S.A., Puertas Tren e Morgadela, sobre despedimento, se ditou sentenza cuxa resolución di:

«Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de resolución de contrato foi interposta polo demandante fronte a Sarman, S.A., Amor Tren, S.L., Amor Tren Inmobiliaria, S.L. e Morgadela, S.L. e, en consecuencia, debo declarar e declaro extinguida a relación laboral que os vinculaba a data de hoxe, e condeno as catro codemandadas ao aboamento solidario dunha indemnización de 30.816,3 euros por este concepto.

Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade foi interposta por Manuel Antonio Reboredo Fraga contra as mesmas empresas e, en consecuencia, debo condenar e condeno a estas mercantís a que aboen solidariamente ao demandante a cantidade de 5.824,36 euros, por salarios debidos, así como o xuro do 10 % por mora aplicable aos conceptos salariais.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse en este xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución bastando a manifestación da parte ou do seu avogado ou representante dentro do indicado prazo.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Morgadela, S.L., en ignorado paradoiro, expido este para a súa inserción no Boletín Oficial da provincia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 6 de abril de 2015

A secretaria xudicial