1. Entidade adxudicadora:
a) Organismo: Augas de Galicia.
b) Dependencia que tramita o expediente: contratación.
c) Número de expediente: OH.136.1089.
d) Enderezo da internet do perfil do contratante:
http://www.contratosdegalicia.es/consultaOrganismo.jsp?N=216
Tamén se terá acceso ao perfil desde a plataforma de contratos públicos de Galicia a través de http://www.xunta.es e desde a Plataforma de contratación do sector público https://contrataciondelestado.es por medio de enlaces de interese ás plataformas de contratación das comunidades autónomas e na páxina web: http://www.augasdegalicia.xunta.es .
2. Obxecto do contrato:
a) Tipo: administrativo de servizo.
b) Descrición: explotación, conservación e mantemento da presa do Con e dos seus equipamentos e instalacións, Vilagarcía de Arousa (Pontevedra).
c) CPV (referencia de nomenclatura): 50532000-3.
d) Medio de publicación do anuncio de licitación: DOUE, DOG e BOE.
e) Data de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de la Unión Europea núm. S116, do 19 de xuño de 2014; Diario Oficial de Galicia núm. 117, do 20 de xuño de 2014 e Boletín Oficial del Estado núm. 155, do 26 de xuño de 2014.
3. Tramitación e procedemento:
a) Tramitación: ordinaria.
b) Procedemento: aberto con varios criterios de valoración e suxeito a regulación harmonizada.
4. Valor estimado do contrato: 239.904,00 euros. Inclúe os orzamentos de licitación e das eventuais prórrogas contractuais previstas.
5. Orzamento base de licitación:
Importe neto: 119.952,00 euros. Importe total: 145.141,92 euros.
6. Formalización do contrato:
a) Data de adxudicación: 26 de xaneiro de 2015.
b) Data de formalización do contrato: 11 de marzo de 2015.
c) Contratista: Espina y Delfín, S.L.
d) Importe ou canon de adxudicación. Importe neto: 100.999,59 euros. Importe total: 122.209,50 euros.
e) Vantaxes da oferta adxudicataria: proposición economicamente máis vantaxosa por obter a maior puntuación total con base na aplicación dos criterios de valoración establecidos no prego de cláusulas administrativas particulares, nos cales se inclúen as características que determinan a selección da súa oferta con preferencia á dos restantes licitadores admitidos no procedemento de adxudicación correspondente.
7. Outras informacións:
A adxudicación do citado contrato, en cumprimento do artigo 151 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, e conforme o disposto no prego de cláusulas administrativas particulares, foi debidamente notificada aos licitadores e publicada no perfil do contratante.
O que se fai público para os efectos previstos no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.
Santiago de Compostela, 7 de abril de 2015
P.D. (Resolución 30.1.2012; DOG nº 21, do 31 de xaneiro)
Gonzalo Mosqueira Martínez
Director de Augas de Galicia