Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Martes, 28 de abril de 2015 Páx. 16308

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

CÉDULA do 8 de abril de 2015 pola que se notifica a proposta de resolución do procedemento administrativo sancionador coa clave 13-17-15-04.

De conformidade co disposto no artigo 59.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE núm. 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE núm. 12, do 14 de xaneiro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle ao denunciado, cos datos persoais e último domicilio coñecido que no anexo se mencionan, mediante a publicación no Diario Oficial de Galicia, a proposta de resolución do procedemento administrativo sancionador, que se cita, por presunta infracción da Lei 2/2011, do 5 de setembro (BOE núm. 253, do 20 de outubro), de portos do Estado e da mariña mercante.

Para os efectos do disposto no artigo 58 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e no artigo 19 do Real decreto 1398/1993 polo que se aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, notifícaselle ao interesado a posta de manifesto dos documentos existentes no procedemento nas oficinas dos servizos centrais de Portos de Galicia, sitos no Edificio de Área Central; praza de Europa, 5 A-6º, Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, co fin de que poidan obter copia dos que xulguen convenientes, concedéndolles, así mesmo, un prazo de quince (15) días contados desde o día seguinte ao da publicación desta cédula, para que formulen alegacións e presenten os documentos e as informacións que consideren pertinentes ante o instrutor.

O órgano competente para a resolución do expediente, de acordo coa tipificación e contía da sanción, e en virtude do disposto no artigo 39.1.a) do Decreto 227/1995, do 20 de xullo (DOG núm. 146, do 1 de agosto), é o director do ente público.

O pagamento voluntario porá fin ao expediente. O importe da sanción que en cada caso corresponda farase efectivo en calquera oficina das entidades de depósito colaboradoras (Banco Gallego, Banco Pastor, Banesto, BBVA, BHS e Novacaixagalicia), empregando o modelo de impreso que se facilitará nos servizos centrais de Portos de Galicia e presentándoo en calquera destas entidades bancarias.

E para que conste e lles sirva de notificación, e en cumprimento do disposto no artigo 59.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula.

Santiago de Compostela, 8 de abril de 2015

Jesús Javier Fernández Barro
Xefe de División Xurídica

ANEXO

Expediente

Denunciante

Denunciado

Último enderezo coñecido

Feito denunciado

Data-porto

Precepto infrinxido

Precepto sancionador

Sanción proposta

Sanc. 13-17-15-04

Garda Civil

Santiago Domínguez Bea

Ardia, 30

36980 O Grove

(Pontevedra)

Actividade non atorizada

28.7.2014

20.35 horas

Bueu (Pontevedra)

Artigos 306.1.b), c) e e) do Real decreto 2/2011

Artigo 312 da Lei 27/1992

300 €