Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Martes, 28 de abril de 2015 Páx. 16307

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

CÉDULA do 14 de abril de 2015, da Área Provincial de Turismo da Coruña, pola que se lle notifica á interesada a resolución de baixa de oficio da clasificación turística e a cancelación da inscrición dun establecemento no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Comunidade Autónoma galega.

De conformidade co disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, notifícaselle á interesada a resolución ditada pola Dirección da Axencia Turismo de Galicia no procedemento de baixa de oficio da clasificación turística e a cancelación da inscrición no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Comunidade Autónoma galega do establecemento relacionado, xa que, intentada a notificación, non se puido realizar polos medios habituais por ser descoñecido no enderezo do establecemento.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpor recurso potestativo de reposición ante a Dirección da Axencia Turismo de Galicia, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, ou directamente recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1192, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

A Coruña, 14 de abril de 2015

Mª Carmen Ramallal Molina
Xefa da Área Provincial de Turismo da Coruña

ANEXO

Establecemento: Casa de Turismo Rural Fontao.

Titular: María Freire Pérez.

NIF: 33753058Y.

Domicilio: lugar de Fontao 1-Carantoña.

Concello: 15639 Miño.