De conformidade co disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, notifícaselle á interesada a resolución ditada pola Dirección da Axencia Turismo de Galicia no procedemento de baixa de oficio da clasificación turística e a cancelación da inscrición no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Comunidade Autónoma galega do establecemento relacionado, xa que, intentada a notificación, non se puido realizar polos medios habituais por ausencia.
Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpor recurso potestativo de reposición ante a Dirección da Axencia Turismo de Galicia, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, ou directamente recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela no prazo de dous meses, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.
A Coruña, 14 de abril de 2015
Mª Carmen Ramallal Molina
Xefa da Área Provincial de Turismo da Coruña
ANEXO
Establecemento: pensión residencia dunha estrela denominada La Bruja.
Titular: La Bruja Guesthouse, S.C.
NIF: J70347463.
Domicilio: República do Salvador 32-2º A.
Concello: 15701 Santiago de Compostela.