Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Martes, 28 de abril de 2015 Páx. 16253

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (18/2014).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fai saber que por resolución ditada no día de hoxe, no proceso seguido por instancia de María Carmen Brea Dono contra Limco S. Coop. Gallega, en procedemento ordinario rexistrado co número 18/2014, acordouse citar a demandada Limco S. Coop. Gallega, en ignorado paradoiro, co fin de que compareza na sala de vistas do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, situado na rúa Berlín, s/n, sala de vistas 3, planta baixa, polígono das Fontiñas, Santiago de Compostela, o día 4.5.2015 ás 10.55 horas e ás 11.00 horas para a celebración dos actos de conciliación e, se é o caso, xuízo; poderá comparecer persoalmente ou mediante persoa legalmente apoderada, e que deberá acudir con todos os medios de proba de que se intente valer, coa advertencia de que é única convocatoria e que estes actos non se suspenderán por falta inxustificada de asistencia.

Fáiselles saber que está á súa disposición na oficina xudicial deste xulgado a cédula de citación, a copia da demanda, o decreto da súa admisión, e demais resolucións e documentos que figuran no procedemento.

En caso de que pretenda comparecer ao acto do xuízo asistido de avogado ou representado tecnicamente por graduado social colexiado, ou representado por procurador, poñerá esta circunstancia en coñecemento do xulgado ou tribunal por escrito, dentro dos dous días seguintes ao da súa citación para o xuízo, con obxecto de que, trasladada tal intención ao demandante, este poida estar representado tecnicamente por graduado social colexiado, ou representado por procurador, designar avogado noutro prazo igual ou solicitar a súa designación a través da quenda de oficio. A falta de cumprimento destes requisitos supón a renuncia da parte ao dereito de se valer no acto de xuízo de avogado, procurador ou graduado social colexiado.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E para que sirva de citación a Limco S. Coop. Gallega, expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

Santiago de Compostela, 8 de abril de 2015

A secretaria xudicial