Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Martes, 28 de abril de 2015 Páx. 16123

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 22 de abril de 2015 pola que se establecen as bases para a concesión de subvencións ás entidades locais de Galicia para a promoción do uso da lingua galega e se procede á súa convocatoria (ED115A).

A Constitución española establece no artigo 3 que «As outras linguas españolas serán tamén oficiais nas respectivas comunidades autónomas de acordo cos seus estatutos», ademais de recoñecer que as linguas de España son un patrimonio cultural que deberá ser obxecto de respecto e protección.

En consonancia coa Constitución española, o Estatuto de autonomía de Galicia, no seu artigo 5 dispón que «A lingua propia de Galicia é o galego» e que «Os poderes públicos de Galicia garantirán o emprego do galego en todos os planos da vida pública, cultural e informativa…».

A Lei 3/1983, do 15 de xuño, de normalización lingüística, no artigo 2, reitera este mandato, concretando que «Os poderes públicos de Galicia garantirán o uso normal do galego e do castelán, linguas oficiais da Comunidade Autónoma galega». E establece no seu artigo 4.1 que «O galego, como lingua propia de Galicia, é lingua oficial das institucións da comunidade autónoma, da súa Administración local e das entidades públicas dependentes da comunidade autónoma».

Ademais, no artigo 6.4 prevé que «a Xunta ditará as disposicións necesarias para a normalización progresiva do uso do galego. As corporacións locais deberán facelo de acordo coas normas recollidas nesta lei».

No artigo 22 sinala que «o Goberno galego asumirá a dirección técnica e o seguimento do proceso de normalización da lingua galega; asesorará a Administración e os particulares e coordinará os servizos encamiñados a conseguir os obxectivos desa lei», e o seu artigo 25, «o Goberno galego e as corporacións locais dentro do seu ámbito fomentarán a normalización do uso do galego nas actividades mercantís publicitarias, culturais, asociativas, deportivas e outras».

A Carta Europea das Linguas Rexionais ou Minoritarias, feita en Estrasburgo, o 5 de novembro de 1992, ratificada polo Estado español mediante o Instrumento de ratificación publicado no Boletín Oficial del Estado núm. 22, do 15 de setembro de 2011, establece, no seu artigo 10.2, que as autoridades locais se comprometen a permitir e a fomentar o emprego das linguas rexionais ou minoritarias no marco da Administración local e, en concreto, nas solicitudes, nos textos oficiais, nos debates das súas asembleas e na toponimia. Así como do resto de actividades que as administracións realicen por si mesmas ou por terceiros interpostos para a prestación dos servizos públicos garantidos, segundo se establece no parágrafo 3 deste mesmo artigo.

A Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración local de Galicia, no artigo 7, números 1 e 3, dispón, respectivamente, que «o galego, como lingua propia de Galicia, é tamén da súa Administración local» e que «a Xunta de Galicia impulsará o proceso de incorporación da lingua galega na Administración local».

Así mesmo, o Plan xeral de normalización da lingua galega, aprobado por unanimidade no Parlamento de Galicia o día 21 de setembro de 2004, contén, entre outros, os seguintes obxectivos referidos á Administración local:

É necesario consolidar o papel normalizador das corporacións locais e das deputacións por medio da xeneralización do uso do galego como principal lingua de traballo e comunicación cos seus administrados.

Cómpre incluír a promoción do galego no concepto de servizo que o concello e a comarca lle ofrecen ao cidadán, tanto directamente como a través das empresas subcontratadas.

Hai que poñer os medios para que todo traballador ao servizo directo ou indirecto da Administración local ou comarcal teña unha actitude favorable ao emprego da lingua propia de Galicia, coñecemento oral e escrito suficiente para atender nesa lingua o cidadán que o desexe e que teña tamén práctica habitual na oferta positiva.

É necesario darlle continuidade á convocatoria de subvención para a promoción do galego nas entidades locais de Galicia, incidindo no fomento de actuacións que garantan unha maior proxección e visibilidade da lingua galega, non só no ámbito administrativo, senón fundamentalmente na acción destinada ao conxunto da sociedade.

Esta norma ten a pretensión de favorecer a coordinación na tarefa normalizadora e de introducir pautas axeitadas para a planificación da actividade de dinamización social do galego.

Enténdese a dinamización lingüística como o proceso de promoción da lingua, que se leva a cabo mediante o emprego integrado de todas as actividades que faciliten este proceso (formación, elaboración do corpus, sensibilización lingüística, etc....), co obxectivo de incrementar o uso e o prestixio da lingua galega en toda a sociedade.

A Secretaría Xeral de Política Lingüística, consciente da necesidade de promover a coordinación en materia de dinamización lingüística entre as diferentes entidades e administracións, está a desenvolver liñas de actuación e medidas para aumentar a efectividade das actuacións dinamizadoras dirixidas á sociedade.

A Administración local constitúe unha vía de dinamización lingüística prioritaria, por tratarse da organización administrativa que máis próxima e directamente lle transmite a acción pública á cidadanía. Permite a aplicación de medidas de intervención directa na presenza social da lingua de xeito uniforme, atendendo á poboación e ao territorio, e favorecendo tamén a planificación individualizada para cada zona, segundo as particularidades sociolingüísticas destas.

Na súa intención de contribuír á materialización destes obxectivos, a Secretaría Xeral de Política Lingüística creou a Rede de dinamización lingüística, a través da Orde do 14 de setembro, publicada no DOG núm. 182, do 21 de setembro de 2010, dirixida a fomentar a dinamización e a cooperación entre as distintas entidades locais, coa finalidade de potenciar o proceso de extensión do uso do galego de xeito coordinado e planificado.

A Rede de dinamización lingüística busca favorecer a colaboración e a acción conxunta e coordinada entre a Secretaría Xeral de Política Lingüística e as entidades locais integradas nesta Rede que permita intercambiar experiencias e sumar esforzos, así como evitar a duplicidade de tarefas semellantes entre diferentes administracións e outras organizacións que actúan na promoción do uso da lingua galega.

Para darlle cumprimento aos obxectivos da Rede e apoiar as entidades locais de Galicia, no labor de normalización lingüística das súas estruturas administrativas e de prestación de servizos lingüísticos demandados pola cidadanía, esta secretaría xeral convoca axudas económicas que reforcen e posibiliten a prestación dos devanditos servizos na maior parte do territorio galego.

Esta convocatoria pretende impulsar e apoiar, mediante os agrupamentos, a prestación de servizos lingüísticos e a dinamización social da lingua galega naqueles concellos que, por posuíren unha poboación inferior aos 3.000 habitantes, poden atopar importantes dificultades para desenvolveren estas tarefas, dada a limitación dos seus recursos.

A convocatoria mantén, ademais, o reforzo da formación lingüística fixada na convocatoria anterior, co fin de que as entidades locais, por medio do persoal técnico de cadanseu servizo lingüístico, programen e desenvolvan cursos formativos de lingua galega. A devandita formación será impartida, de ser o caso, por técnicos e técnicas dos servizos lingüísticos locais que posúan as seguintes titulacións: Lingua e Literatura Galegas, Estudos de Galego e Español, Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios ou as licenciaturas equivalentes, amais da formación específica para profesorado de Lingua Galega expedida pola Secretaría Xeral de Política Lingüística. Así mesmo, a información sobre estes cursos (nivel, contido, horarios, lugar de realización, forma de inscrición) poderá ser consultada na páxina web www.xunta.es/linguagalega.

Á Secretaría Xeral de Política Lingüística, de conformidade co establecido no artigo 16 do Decreto 4/2013, do 10 de xaneiro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, compétenlle, entre outras funcións, o impulso de propostas normativas que potencien a normalización lingüística e o fomento do uso da lingua galega, así como o fomento das actividades de normalización e promoción da lingua galega nas administracións públicas.

Na súa virtude,

DISPOÑO:

CAPÍTULO I
Disposicións xerais

Artigo 1. Obxecto

O obxecto desta orde é convocar axudas, en réxime de concorrencia competitiva, destinadas a fomentar a prestación dun servizo lingüístico, mediante a súa creación ou o mantemento ou reforzamento dos existentes, ou a promover a planificación e o desenvolvemento de programas de dinamización da lingua galega, en concellos ou en agrupamentos de concellos con poboación igual ou superior aos 3.000 habitantes

Artigo 2. Orzamento

O financiamento das axudas farase con cargo á partida orzamentaria 09.30.151A.460.0, correspondente aos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2015, por unha contía inicial máxima de 245.000 euros, sen prexuízo de ulteriores variacións producidas como consecuencia de modificacións orzamentarias.

Artigo 3. Beneficiarios

1. As entidades locais de Galicia, excluídas as deputacións provinciais.

2. Os agrupamentos de concellos para a realización dun proxecto común. As súas entidades integrantes nomearán un representante único que actuará como coordinador e interlocutor coa Secretaría Xeral de Política Lingüística e que será o receptor da asignación económica.

Artigo 4. Modalidades de axuda

1. As modalidades que adoptan estas axudas son as que a seguir se relacionan:

a) Creación dun servizo lingüístico. As entidades locais ás cales lles fose concedida e percibisen unha subvención para a creación dun servizo lingüístico ao abeiro da convocatoria de 2014 non poderán acceder a unha axuda para a creación dun servizo lingüístico na presente convocatoria.

b) Mantemento ou reforzamento dun servizo lingüístico.

c) Desenvolvemento de dinamización lingüística dunha entidade local carente de servizo lingüístico.

Cada entidade local ou agrupamento de concellos poderá solicitar unha única modalidade de axuda ao abeiro desta convocatoria, desestimaranse as solicitudes que non cumpran este requisito. Así mesmo, tendo en conta que a prestación de servizos lingüísticos implica a planificación e o desenvolvemento de actividades de dinamización lingüística, todas as modalidades de axuda incluirán a súa realización.

2. Para os efectos desta subvención, considéranse:

a) Servizo lingüístico: departamento técnico inserido na entidade local, dotado de recursos materiais e humanos, que ten as funcións de planificar, xestionar, executar e avaliar medidas e accións co obxectivo de incrementar o uso da lingua galega en todos os ámbitos de actuación da organización, tanto interna como externamente.

b) Creación dun servizo: contratación de persoal técnico en entidades locais que na data de publicación desta orde non estean dotadas de servizo lingüístico e, polo tanto, non conten con persoal contratado para este fin.

c) Mantemento dun servizo: dotación de continuidade a un servizo lingüístico creado con anterioridade á data de publicación desta convocatoria de subvencións. Considerarase nesta modalidade sempre que o servizo lingüístico estivese aberto ata o mes de outubro do ano inmediatamente anterior á publicación desta orde e retomada a súa ocupación dentro do primeiro trimestre da convocatoria anual.

d) Reforzamento dun servizo: incorporación de máis persoal técnico, mediante a súa contratación, a un servizo lingüístico xa existente na data de publicación desta convocatoria.

3. Serán obxecto de subvención as actividades realizadas entre o 1 de xaneiro e o 15 de outubro de 2015.

Artigo 5. Perfil técnico do servizo lingüístico

1. A actividade dos servizos lingüísticos locais deberá/n desenvolvela un/unha ou varios técnicos/as que posúa/n as seguintes titulacións:

a) Grao en Lingua e Literatura Galegas, grao en Estudos de Galego e Español, grao en Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios, as licenciaturas equivalentes aos ditos graos ou outras titulacións superiores pertencentes á área de humanidades ou de ciencias xurídicas e sociais, sempre que estean en posesión do certificado de lingua galega do nivel 5 (Celga 5).

Estes profesionais deberán estar encadrados dentro do grupo I de cotización do réxime xeral da Seguridade Social.

b) No caso das entidades que soliciten subvención para o mantemento dun servizo lingüístico e o creasen con anterioridade ao ano 2007, poderán acceder ás subvencións aqueles que conten con persoal fixo que posúa a titulación de mestre/a con diploma de especialista en Lingua Galega ou co certificado do curso superior de linguaxe administrativa, ou as licenciaturas e graos previstos na letra a) deste artigo.

2. Na selección dos candidatos as entidades locais deberán ter en conta e valorar os seguintes coñecementos: en linguaxe administrativa, en sociolingüística e en dinamización social, así como as formacións de posgrao en planificación lingüística.

Artigo 6. Uso da lingua galega

Todas as actuacións obxecto de subvención serán en galego e ateranse, no tocante á normativa e ao uso correcto do idioma, ao establecido pola Real Academia Galega na sesión plenaria do 12 de xullo de 2003, tal e como determina a disposición adicional da Lei 3/1983, do 15 de xuño, de normalización lingüística.

Artigo 7. Funcións do servizo lingüístico

1. Os servizos lingüísticos desenvolverán o seu labor tanto no aspecto lingüístico como no sociolingüístico no espazo local.

2. O obxectivo principal dos servizos lingüísticos debe ser o de incrementar o uso e o prestixio da nosa lingua en todos os ámbitos do termo municipal, non só no seo da propia Administración.

3. En xeral, as funcións que terán os servizos lingüísticos, tanto internas coma externas, entre outras, son as seguintes:

a) Funcións internas:

1º. Asesorar a Administración en todo o relacionado coa promoción da lingua galega.

2º. Colaborar coa Administración para determinar os perfís lingüísticos necesarios para cada un dos postos de traballo e colaborar nas probas e procesos selectivos para que se avalíen convenientemente os coñecementos lingüísticos por parte dos/as aspirantes.

b) Funcións de dinamización lingüística:

1º. Planificar, xestionar, executar e avaliar accións a prol da lingua galega no ámbito de influencia da entidade.

2º. Fomentar o uso do galego no ámbito socioeconómico e, en xeral, en todos os sectores de importancia para a súa repercusión social.

3º. Promover e coordinar redes de traballo para o fomento do uso do galego no ámbito asociativo, educativo e empresarial, no ámbito local.

4º. Planificar e propoñer programas dinamizadores e actividades concretas que conciencien a sociedade respecto do uso da lingua galega.

c) Funcións de formación sociolingüística:

1º. Planificar, xestionar, coordinar e difundir a realización de cursos de lingua galega, xerais e específicos, para a poboación en xeral ou para sectores concretos.

2º. Impartir cursos de formación en lingua galega, de acordo coa programación de cada entidade local.

3º. Difundir entre a cidadanía materiais que contribúan á tarefa de promover a extensión do uso do galego: dereitos lingüísticos, lexislación e recursos lingüísticos.

4º. Colaborar no deseño de programas de formación para garantir a presenza do galego e de contidos favorables á mellora de actitudes lingüísticas no ámbito local.

5º. Mellorar a calidade lingüística e comunicativa da Administración.

6º. Definir e propoñer criterios lingüísticos para a organización.

7º. Resolver dúbidas lingüísticas.

8º. Elaborar e recomendar materiais específicos, atendendo ás necesidades dos departamentos.

d) Funcións de coordinación:

1º. Apoiar a difusión das accións dinamizadoras desenvolvidas pola Secretaría Xeral de Política Lingüística.

2º. Coordinarse, de ser o caso, coa Rede de dinamización lingüística para planificar, xestionar, executar e avaliar accións de fomento do uso do galego, de acordo cos criterios e as pautas de traballo establecidas pola coordinación técnica da propia Rede.

CAPÍTULO II
Da convocatoria pública

Artigo 8. Lugar e prazo de presentación de solicitudes

1. A presentación das solicitudes realizarase unicamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es , de conformidade co establecido nos artigos 27.6 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso dos cidadáns aos servizos públicos, e 24.2 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes. Para a presentación das solicitudes será necesario o documento nacional de identidade electrónico ou calquera dos certificados electrónicos recoñecidos pola sede da Xunta de Galicia

2. A documentación complementaria presentarase electronicamente utilizando calquera procedemento de copia dixitalizada do documento orixinal. Neste caso, as copias dixitalizadas presentadas garantirán a fidelidade co orixinal baixo a responsabilidade da persoa solicitante ou representante. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada segundo o disposto nos artigos 35.2 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos, e 22.3 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.

3. O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Considerarase último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación.

Se o último día do prazo for inhábil, prorrogarase ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes do vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último do mes.

Artigo 9. Documentación

1. Xunto coa solicitude remitirase a seguinte documentación:

a) Acreditación de que a entidade local cumpriu co seu deber de remisión das contas xerais do último exercicio ao Consello de Contas, de acordo co estipulado no artigo 4 do Decreto 193/2011, do 6 de outubro, polo que se regulan especialidades nas subvencións ás entidades locais galegas (DOG núm. 201, do 20 de outubro). As entidades locais deberán ter cumprido este requisito na data do remate do prazo de solicitude. No caso dos agrupamentos, deberán probar a realización deste requisito todos os concellos que os forman.

b) Proxecto descritivo da modalidade para a que se solicita a subvención no cal consten todos os datos referidos a el. Debe incluír o orzamento de gastos, total e desagregado por conceptos de gasto, previsto para a realización das accións para as que se solicita a axuda. Para tal fin, cubrirase polo miúdo o anexo II, ao que se achegará, de o considerar necesario, unha memoria explicativa do dito proxecto.

c) Certificación expedida polo/a secretario/a xeral da entidade local, relativa ao acordo, adoptado polo órgano competente, polo que se decide a solicitude da subvención para a dinamización lingüística e se aceptan as condicións de financiamento e demais requisitos establecidos nesta convocatoria.

d) De ser o caso, documento acreditativo do acordo de agrupamento realizado polo pleno ou pola xunta de goberno de cada concello agrupado, así como do nomeamento dun/dunha representante único/a que actuará como coordinador e interlocutor coa Secretaría Xeral de Política Lingüística.

e) As entidades supramunicipais xa formadas deberán presentar a solicitude desde esa entidade.

2. No caso dos agrupamentos deberán achegar as declaracións do anexo IV todos os concellos que os forman.

3. Desestimaranse as solicitudes que non cumpran os requisitos dos puntos anteriores e os expedientes arquivaranse sen máis trámite.

4. Se a solicitude non reúne os datos de identificación ou algún dos aspectos previstos no artigo 70 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, requirirase a entidade ou o solicitante, de conformidade co establecido no artigo 71 da dita lei, para que nun prazo de 10 días emende as faltas ou achegue os documentos preceptivos, con indicación de que, se así non o fixer, se terá por desistido na súa petición, cos efectos previstos no artigo 42 da mesma lei.

Artigo 10. Consentimentos, autorizacións

1. A presentación da solicitude de concesión de subvención comportará a autorización ao órgano xestor para solicitar as certificacións que deban emitir a Axencia Estatal da Administración Tributaria, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e a consellería competente en materia de facenda da Xunta de Galicia, segundo o establecido no artigo 20.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. Non obstante, poderase denegar expresamente o consentimento, debendo presentar entón a certificación nos termos previstos regulamentariamente.

2. De conformidade co artigo 13.4 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e de boas prácticas na Administración pública galega, e co previsto no Decreto 132/2006, do 27 de xullo, polo que se regulan os rexistros públicos creados nos artigos 44 e 45 da Lei 7/2005, do 29 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2006, a consellería publicará na súa páxina web oficial a relación dos beneficiarios e o importe das axudas concedidas. Incluirá, igualmente, as referidas axudas e as sancións que, como consecuencia delas, puidesen impoñerse nos correspondentes rexistros públicos, polo que a presentación da solicitude leva implícita a autorización para o tratamento necesario dos datos dos beneficiarios e a referida publicidade.

Artigo 11. Protección de datos

De conformidade coa Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, os datos persoais recollidos na tramitación desta disposición, cuxo tratamento e publicación autoricen as persoas interesadas mediante a presentación das solicitudes, serán incluídos nun ficheiro denominado Relacións administrativas coa cidadanía e entidades, cuxo obxecto é xestionar o presente procedemento, así como para informar as persoas interesadas sobre o seu desenvolvemento. O órgano responsable deste ficheiro é a Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición poderanse exercer ante a Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, mediante o envío dunha comunicación ao seguinte enderezo: Complexo Administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela ou a través dun correo electrónico a sxpl.secretaria@xunta.es .

Artigo 12. Modelos normalizados

A sede electrónica da Xunta de Galicia ten á disposición das persoas interesadas unha serie de modelos normalizados dos trámites máis comunmente utilizados na tramitación administrativa, que poderán ser presentados en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común

CAPÍTULO III
Da instrución do procedemento

Artigo 13. Instrución do procedemento

O procedemento que se seguirá na tramitación e instrución dos expedientes será o establecido no articulado básico da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, e o seu desenvolvemento, e na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

O órgano instrutor do procedemento será o/a titular da Subdirección Xeral de Planificación e Dinamización Lingüística.

O prazo máximo para resolver o procedemento será de cinco (5) meses, contados estes a partir da publicación da presente convocatoria, transcorrido este prazo sen que se publique resolución expresa, poderase entender que esta é desestimatoria por silencio administrativo da solicitude de concesión da subvención.

Artigo 14. Criterios de avaliación das solicitudes

Os criterios para a avaliación dos proxectos que se presenten a esta convocatoria, así como para a conseguinte concesión da subvención, estrutúranse como segue:

1. Criterios xerais.

Modalidade A. Creación dun servizo lingüístico (ata 90 puntos)

Pola pertenza do(s) concello(s) á Rede de dinamización lingüística

25 puntos

Por poboación igual ou superior aos 3.000 habitantes

(ata 15 puntos)

De 3.000-10.000 hab.

5 puntos

De 10.001-30.000 hab.

10 puntos

De 30.001 hab. en diante

15 puntos

Segundo a consideración estratéxica do servizo lingüístico (territorios especialmente desgaleguizados, de acordo cos últimos datos de coñecemento e uso do galego da Enquisa de condicións de vida das familias publicados polo Instituto Galego de Estatística, ou territorios considerados de especial interese para a cobertura uniforme de Galicia)

(ata 15 puntos)

Cidades, agrupamentos e provincias de Ourense e Lugo

15 puntos

Vilas grandes

12 puntos

Vilas pequenas

7 puntos

Outros

5 puntos

Pola calidade da programación de dinamización lingüística

(ata 25 puntos)

Por implicar e colaborar, cando menos, no 60 % dos programas presentados, con outras entidades de incidencia no ámbito local cuxas achegas supoñan beneficios ou melloras na consecución dos obxectivos

(ata 9 puntos)

Lingüísticas

Ata 5 puntos

Non lingüísticas

Ata 6,5 puntos

Calidade

Ata 2,5 puntos

Pola súa incidencia nos ámbitos establecidos como prioritarios na convocatoria

(ata 8 puntos)

1

Nº actividades

Calidade

2

Nº actividades

Calidade

3

Nº actividades

Calidade

4

Nº actividades

Calidade

5

Nº actividades

Calidade

Pola súa adecuación de cada unha das propostas aos obxectivos de promoción do uso e dinamización social da lingua galega establecidos nesta orde

(ata 8 puntos)

1

2

3

4

5

Por incluír formación lingüística en galego

10 puntos

Modalidade B. Mantemento ou reforzamento dun servizo lingüístico

(ata 100 puntos)

Pola pertenza do(s) concello(s) á Rede de dinamización lingüística

25 puntos

Por poboación igual ou superior aos 3.000 habitantes

(ata 15 puntos)

De 3.000-10.000 hab.

5 puntos

De 10.001-30.000 hab.

10 puntos

De 30.001 hab. en diante

15 puntos

Pola continuidade do servizo lingüístico

(ata 10 puntos)

(establecerase a porcentaxe tempo/puntos segundo a cal 24 meses = 10 puntos)

Segundo a consideración estratéxica do servizo lingüístico (territorios especialmente desgaleguizados, de acordo cos últimos datos de coñecemento e uso do galego da Enquisa de condicións de vida das familias publicados polo Instituto Galego de Estatística, ou territorios considerados de especial interese para a cobertura uniforme de Galicia).

(ata 15 puntos)

Cidades, agrupamentos e provincias de Ourense e Lugo

15 puntos

Vilas grandes

12 puntos

Vilas pequenas

7 puntos

Outros

5 puntos

Pola calidade da programación de dinamización lingüística

(ata 25 pun tos)

Por implicar e colaborar, cando menos, no 60 % dos programas presentados, con outras entidades de incidencia no ámbito local cuxas achegas supoñan beneficios ou melloras na consecución dos obxectivos.

(ata 9 puntos)

Lingüísticas

Ata 5 puntos

Non lingüísticas

Ata 6,5 puntos

Calidade

Ata 2,5 puntos

Pola súa incidencia nos ámbitos establecidos como prioritarios na convocatoria

(ata 8 puntos)

1

Nº actividades

Calidade

2

Nº actividades

Calidade

3

Nº actividades

Calidade

4

Nº actividades

Calidade

5

Nº actividades

Calidade

Pola súa adecuación de cada unha das propostas aos obxectivos de promoción do uso e dinamización social da lingua galega establecidos nesta orde

(ata 8 puntos)

1

2

3

4

5

Por incluír formación lingüística en galego

10 puntos

Modalidade C. Dinamización lingüística de entidades locais carentes de servizo lingüístico (ata 40 puntos)

Pola pertenza do(s) concello(s) á Rede de dinamización lingüística

15 puntos

Segundo a consideración estratéxica do servizo lingüístico (territorios especialmente desgaleguizados, de acordo cos últimos datos de coñecemento e uso do galego da Enquisa de condicións de vida das familias publicados polo Instituto Galego de Estatística, ou territorios considerados de especial interese para a cobertura uniforme de Galicia)

(ata 7 puntos)

Cidades, agrupamentos e provincias de Ourense e Lugo

7 puntos

Vilas grandes

5 puntos

Vilas pequenas

3 puntos

Outros

1 punto

Pola calidade da programación de dinamización lingüística (ata 18 puntos)

Por implicar e colaborar, cando menos, no 60 % dos programas presentados, con outras entidades de incidencia no ámbito local cuxas achegas supoñan beneficios ou melloras na consecución dos obxectivos

(ata 6 puntos)

Lingüísticas

Ata 2,5 puntos

Non lingüísticas

Ata 3,5 puntos

Calidade

Ata 2,5 puntos

Pola súa incidencia nos ámbitos establecidos como prioritarios na convocatoria

(ata 6 puntos)

1

N.º actividades

Calidade

2

N.º actividades

Calidade

3

N.º actividades

Calidade

4

N.º actividades

Calidade

5

N.º actividades

Calidade

Pola súa adecuación de cada unha das propostas aos obxectivos de promoción do uso e dinamización social da lingua galega establecidos nesta orde

(ata 6 puntos)

1

2

3

4

5

Nos programas de dinamización lingüística darase prioridade aos que teñan por obxecto incidir desde o ámbito local nas seguintes áreas:

Ámbito

Descrición de obxectivos

Deporte

– Lograr que o galego sexa a lingua de comunicación co público nas instalacións e nos acontecementos deportivos.

– Conseguir a plena galeguización nos colectivos, federacións e clubs do ámbito do deporte.

– Fomentar a presenza do galego na formación dos profesionais do deporte, de xeito que teñan competencia e actitudes favorables para desenvolveren o seu labor en lingua galega.

Mocidade

– Estimular nas xeracións máis novas actitudes favorables que se traduzan nun uso xeneralizado do galego, e superar vellos prexuízos, presións globalizadoras e inercias negativas.

– Fomentar todo tipo de creatividade de base en galego, como forma lúdica de galeguización e de creación de mercado cultural.

– Garantir que en galego haxa unha oferta ampla, diversificada, competitiva e atraente de produtos de cultura.

Tecnoloxías da información e da comunicación

– Fomentar a presenza do galego nas tecnoloxías da información e da comunicación.

– Ampliar a oferta de produtos tecnolóxicos e de recursos informáticos en galego.

– Potenciar a presenza da lingua galega na internet.

Economía

– Crear conciencia de que o uso do galego pode favorecer as relacións laborais, comerciais e bancarias.

– Estender o uso da lingua nas relacións laborais, comerciais e empresariais.

– Colaborar con entidades de fomento e impulso da economía (asociacións de comerciantes, centros comerciais abertos, asociacións de empresarios, cámaras de comercio, asociacións financeiras, colexios profesionais, etc.).

– Promover o establecemento da oferta positiva de atender o cliente en galego como práctica comercial habitual.

Servizos sociais

– Potenciar o uso da lingua galega como elemento optimizador do desenvolvemento laboral e de eficacia na prestación de servizos sociais tanto públicos coma privados.

– Fomentar que os servizos sociais desenvolvan a súa actividade desde a práctica da oferta positiva de atender os seus usuarios en galego.

– Impulsar o uso da lingua galega nas institucións e organismos asistenciais e de servizos sociais, tanto dependentes da Administración como desenvolvidas por empresas privadas e organizacións sen fin de lucro.

– Asociar o uso do galego a valores determinantes e prestixiados por parte da sociedade actual.

2. Criterios prioritarios:

1. A puntuación final das solicitudes presentadas conxuntamente por máis dunha entidade local baixo calquera fórmula (agrupación, asociación, mancomunidade ou calquera outra similar, agás a fusión municipal) incrementarase ata un 30 %, de acordo cos seguintes aspectos:

a) Pola presentación da solicitude conxunta, cando vaia acompañada dunha memoria explicativa da realización e o financiamento conxunto da actuación, incrementarase un 10 %.

b) En función do número de concellos asociados ou da poboación beneficiaria ou destinataria das obras ou servizos, poderá incrementarse ata un 10 %.

• Número de concellos asociados: ata un 4 %.

• Repercusión do proxecto tendo en conta a cifra de poboación dos concellos participantes: por incluír no agrupamento algún concello de poboación inferior aos 3.000 habitantes: ata un 6 %.

c) Pola presentación e valoración dunha memoria de aforro de custos respecto das solicitudes presentadas de modo individual, poderá incrementarse ata un 10 %.

2. No caso de presentación de solicitudes por parte da entidade resultante dunha fusión de concellos, a súa puntuación final poderá incrementarse ata un 30 %. Serán inadmitidas aquelas solicitudes conxuntas en que non se acredite a realización conxunta dunha actuación ou servizo e que supoñan actuacións independentes en cada entidade local. Nos supostos de mancomunidades, consorcios ou áreas metropolitanas, deberá acreditarse que o servizo se presta de xeito mancomunado, metropolitano ou consorciado e que, en todo caso, non supón unha actuación illada ou independente.

3. A puntuación que se lle asigne a cada proxecto obterase coa aplicación proporcional dos tramos do baremo e dos criterios prioritarios anteriormente descritos, do que resultará que cada unha das subvencións propostas se determinará establecendo a proporción entre os puntos conseguidos e a dotación económica total da convocatoria.

Artigo 15. Comisión de valoración

1. Aquelas solicitudes que cumpran cos requisitos desta convocatoria serán analizadas pola comisión de valoración que se creará para tal fin, segundo os criterios de avaliación establecidos no artigo 12 desta orde.

2. Esta comisión estará integrada polos seguintes membros:

a) Presidente/a: a persoa titular da Subdirección Xeral de Planificación e Dinamización Lingüística, ou persoa en quen delegue.

b) Secretario/a: un membro da Secretaría Xeral de Política Lingüística, con voz pero sen voto.

c) Vogais: un máximo de 3 funcionarios/as e/ou técnicos/as da Secretaría Xeral de Política Lingüística.

d) A persoa titular da Dirección Xeral de Administración Local, ou persoa en quen delegue.

Todos os/as vogais e o/a secretario/a serán nomeados pola persoa titular da Secretaría Xeral de Política Lingüística.

3. A comisión de valoración ten atribuídas as seguintes funcións:

a) Informar e valorar as solicitudes, de conformidade cos criterios de valoración establecidos nesta convocatoria. Para iso poderán contar cos informes técnicos dunha comisión de expertos nomeada pola persoa titular da Secretaría Xeral de Política Lingüística.

b) Propoñer a adxudicación das subvencións e valorar o seu interese.

4. A comisión quedará validamente constituída coa presenza do/a presidente/a, do/a secretario/a e da metade dos seus membros, conforme o establecido no artigo 26.1 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e no artigo 19.1 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral do sector público autonómico de Galicia (DOG núm. 251, do 31 de decembro de 2010). No non previsto nesta convocatoria, o funcionamento da comisión axustarase ao réxime establecido no capítulo II do título II da dita Lei 30/1992 e no título I, capítulo I, sección 3ª da Lei 16/2010.

Artigo 16. Proposta de resolución

A Comisión de Valoración realizará un informe coa relación de solicitantes, especificando a súa puntuación de acordo cos criterios establecidos na convocatoria. Así mesmo, o órgano instrutor do procedemento formulará o correspondente informe-proposta de concesión das subvencións e a súa contía que, xunto co informe da Comisión, elevará á persoa titular da Secretaría Xeral de Política Lingüística, quen resolverá, por delegación do conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, segundo o estipulado na disposición adicional da Orde do 25 de xaneiro de 2012, de delegación de competencias nos órganos superiores, directivos e periféricos da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria (DOG núm. 27, do 8 de febreiro).

Artigo 17. Resolución e publicación

1. A resolución definitiva publicarase no Diario Oficial de Galicia con expresión da convocatoria, do programa e do crédito orzamentario a que se imputen, do beneficiario, da cantidade concedida e da finalidade ou finalidades da subvención.

A Secretaría Xeral de Política Lingüística publicará na súa páxina web oficial www.xunta.es/linguagalega a relación dos beneficiarios e o importe das axudas concedidas, polo que a presentación desta solicitude leva implícita a autorización para o tratamento necesario dos datos dos beneficiarios e da súa publicación na dita páxina web, de conformidade co artigo 13.4 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas da Administración pública galega.

2. Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición ante a persoa titular da Secretaría Xeral de Política Lingüística, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 modificados pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de modificación da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, quen resolverá por delegación do conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, de acordo co establecido na disposición adicional da Orde do 25 de xaneiro de 2012, de delegación de competencias nos órganos superiores, directivos e periféricos da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria (DOG núm. 27, do 8 de febreiro), ou ben interpoñer directamente o recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

CAPÍTULO IV
Terminación do procedemento

Artigo 18. Renuncia á subvención

1. A entidade local beneficiaria disporá dun prazo de dez días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación da resolución de concesión da subvención no Diario Oficial de Galicia, para comunicar a non aceptación das condicións contidas nela, se é o caso.

2. Transcorrido o prazo sen que se produza manifestación expresa, entenderase tacitamente aceptada.

3. Estas subvencións son compatibles coa percepción doutras subvencións, axudas, ingresos ou recursos para a mesma finalidade. Porén, o importe das subvencións en ningún caso poderá ser de tal contía que, illadamente ou en concorrencia con outras subvencións, axudas, ingresos ou recursos, supere o custo da actividade subvencionada.

Artigo 19. Xustificación da subvención

1. Os beneficiarios da subvención, unha vez concedida esta, quedarán obrigados a destinar os fondos percibidos ao obxecto concreto para o cal foron concedidos, de acordo co proxecto achegado na solicitude. A Secretaría Xeral de Política Lingüística poderá comprobar, cando o considere conveniente, a execución dos proxectos subvencionados.

2. As datas dos gastos que se efectúen deberán estar comprendidas entre o 1 de xaneiro e o 15 de outubro de 2015

3. O prazo de xustificación remata o día 20 de outubro de 2015. Para recibir a subvención, as entidades locais beneficiarias deberán remitirlle á Secretaría Xeral de Política Lingüística da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, co límite da dita data, a documentación xustificativa dos gastos realizados, de acordo coa resolución de concesión e nos termos expresados no proxecto presentado, por un valor mínimo equivalente ao da axuda outorgada, excluído o imposto sobre o valor engadido (IVE), que non é subvencionable.

4. Con carácter xeral, considerarase gasto realizado cando se teña contabilizado o recoñecemento da obriga polo órgano competente da entidade local.

5. As entidades locais beneficiarias están obrigadas a presentar a seguinte documentación:

1º. Certificación da Intervención ou do órgano que teña atribuídas as facultades de control da toma de razón en contabilidade dos gastos totais que se lle imputan á subvención e do cumprimento da finalidade para a que foi concedida, de acordo co previsto no artigo 28.5 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, así como nos artigos 8 e 9 do Decreto 193/2011, do 6 de outubro, polo que se regulan especialidades nas subvencións ás entidades locais galegas.

2º. A conta xustificativa, que conterá:

a) Certificación expedida pola Secretaría da entidade local, co visto e prace do/a alcalde/sa ou presidente/a, relativa á aprobación polo órgano competente da conta xustificativa da subvención, en que se faga constar, como mínimo, de forma detallada:

• O cumprimento da finalidade da subvención.

• Os distintos conceptos e contías correspondentes aos gastos totais soportados pola entidade beneficiaria imputables á actuación subvencionada coa seguinte relación: identificación do/a acredor/a, número de factura ou documento equivalente, importe, data de emisión e data de recoñecemento da obriga polo órgano competente. No que atinxe aos gastos de persoal, deberán desagregar, por meses, o nome do persoal técnico, o importe bruto, o custo da Seguridade Social, o importe líquido e a data de pagamento. Non se exixe a remisión dos documentos relacionados no artigo 48.2.b) do Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro.

Os gastos efectuados deberán estar directamente relacionados coas actividades que se desenvolvan. E así, nos conceptos da facturación e dos xustificantes de gasto deberá aparecer a denominación da actividade de dinamización lingüística en que se enmarcan, cando se trate de gastos xenéricos ou de difícil identificación terán que xuntar un certificado expedido polo interventor ou órgano de contratación da entidade local no cal se faga constar expresamente tal circunstancia, ademais do emisor, do número, da data de expedición e do importe do gasto de que se trate.

b) Unha relación detallada doutros ingresos ou subvencións que financiasen a activida de subvencionada con indicación do importe e da súa procedencia.

c) De ser o caso, os tres orzamentos que se requiren en aplicación do artigo 29.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

3º. Unha memoria descritiva das accións para as que foi concedida a axuda solicitada (contratación de persoal técnico, campañas, programas e actividades de dinamización), e mostra de cada un dos recursos, publicacións e materiais no formato orixinal en que foron editados, así como unha relación e copias dixitalizadas de todos eles (anexo III). De o considerar necesario, poderán engadir un documento descritivo que recolla e amplíe o contido da citada memoria xustificativa. No caso de que se achegue unha mostra en formato dixital, non será preciso presentala no formato orixinal en que foi editada.

Todos estes recursos, publicacións e materiais deberán estar en galego e aterse, no tocante á normativa e ao uso correcto do idioma, ao establecido pola Real Academia Galega na sesión plenaria do 12 de xullo de 2003, tal e como determina a disposición adicional da Lei 3/1983, do 15 de xuño, de normalización lingüística. En todos os recursos, publicacións e materiais subvencionados debe figurar impreso o patrocinio da Xunta de Galicia a través do seu logotipo, de acordo cos criterios establecidos no Manual de Identidade Corporativa da Xunta de Galicia, así como no Decreto 409/2009, do 5 de novembro (DOG nº 227, do 19 de novembro), polo que se aproba o uso dos elementos básicos da identidade corporativa da Xunta de Galicia.

A Secretaría Xeral de Política Lingüística, logo de comunicación e acordo coa entidade titular, resérvase a posibilidade de difundir aquelas actividades de maior interese para a promoción da lingua galega, dentro da Rede de dinamización lingüística.

4º. Anexo V.

5º. Ademais da documentación citada, e con carácter específico segundo as distintas modalidades, deberán achegar o seguinte:

1) No caso de que a subvención se concedese para a creación de novos servizos lingüísticos:

a) Certificación da persoa responsable da secretaría ou secretaría-intervención da entidade local no que se faga constar a realización da contratación, a duración desta, o pagamento das retribucións e a categoría profesional do persoal técnico dos servizos lingüísticos locais.

b) Copia compulsada da titulación requirida e, se é o caso, do Celga 5.

2) No caso das axudas para mantemento ou reforzamento dun servizo lingüístico xa existente:

• Certificación da persoa responsable da secretaría ou secretaría-intervención da entidade conforme o servizo lingüístico estaba xa creado na data de publicación desta convocatoria, na que se indique expresamente a data de creación do servizo lingüístico, o pagamento das retribucións e a categoría profesional do persoal técnico dos servizos lingüísticos locais.

• Copia compulsada da titulación requirida e, se é o caso, do Celga 5.

6º. As entidades locais poderán concertar con terceiros a execución parcial ou total da actuación que constitúa o obxecto da axuda e asumirán a total responsabilidade da execución da actividade subvencionada.

7º. Transcorrido o prazo establecido no punto 3 deste artigo sen ter presentadas as xustificacións, revogarase a concesión das subvencións ás entidades locais que correspondan.

8º. As entidades locais beneficiarias están obrigadas a acreditar documentalmente a efectividade dos pagamentos realizados no prazo máximo de sesenta días naturais contados a partir da data do ingreso da subvención concedida na súa conta bancaria.

Para os efectos da súa consideración como subvencionable, considerarase efectivamente pagado o gasto cando se xustifique o pagamento mediante extractos ou certificacións bancarias debidamente identificados ou por calquera outro medio de proba que acredite a realización do pagamento, segundo especifican os artigos 42 e 49 do Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

9º. As entidades locais beneficiarias deberán ter en conta que a xustificación dos gastos deberá ser coherente co contido da solicitude de subvencións respectando os conceptos e a proporcionalidade que figuren na solicitude (persoal, actividades de dinamización lingüística, cursos). Así mesmo, a documentación achegada deberá corresponderse coa indicada na conta xustificativa presentada segundo o punto 5.2 deste artigo.

Artigo 20. Pagamento

1. A subvención concedida aboarase mediante un pagamento único unha vez que se achegue a xustificación correcta.

2. Se o importe xustificado é inferior ao da subvención concedida, esta minorarase ata a contía realmente xustificada.

3. A contía fixada na resolución poderá ser revisada á baixa polo órgano responsable da concesión da axuda, se a xustificación do proxecto non concorda co inicialmente declarado na solicitude.

4. No caso de que se lle conceda outra subvención para o mesmo proxecto no prazo de vixencia desta convocatoria, a entidade terá que comunicarllo á Administración. A este respecto, é de aplicación o disposto no artigo 11.d) e no 17.3º da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, segundo o cal o importe da subvención se minorará cando a súa contía, illadamente ou en concorrencia coas concedidas por outras administracións ou entes públicos ou privados, supere o 100 % do custo da actividade subvencionada.

Artigo 21. Outras obrigas

As entidades beneficiarias teñen a obriga de facilitar toda a información que lles sexa requirida pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, polo Tribunal de Contas e polo Consello de Contas, no exercicio das súas funcións de fiscalización e control do destino das axudas.

Artigo 22. Incumprimento

Calquera alteración dos datos que figuran no impreso de solicitude e calquera outro incumprimento das normas contidas nesta orde terá como consecuencia a revogación da axuda logo da audiencia á entidade interesada, e esta, se é o caso, terá que reintegrar as cantidades percibidas e mais os xuros de demora xerados desde o momento do seu pagamento, de acordo co estipulado no artigo 33 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 23. Información aos interesados

Sobre este procedemento administrativo poderase obter información adicional na Secretaría Xeral de Política Lingüística, a través dos seguintes medios:

a) Páxina web da Secretaría Xeral de Política Lingüística:

www.xunta.es/linguagalega/convocatorias

b) Nos teléfonos 881 99 50 41/881 99 94 85/981 54 54 78/981 54 54 93 da Secretaría Xeral de Política Lingüística.

c) No enderezo electrónico: sxpl.subvencions@xunta.es .

d) En calquera das dependencias da Secretaría Xeral de Política Lingüística (na rúa da Pastoriza, 8, en Santiago de Compostela ou nos gabinetes das xefaturas territoriais).

Disposicións derradeiras primeira. Habilitación para o desenvolvemento normativo

Facúltase o titular da Secretaría Xeral de Política Lingüística para ditar, no ámbito das súas competencias, as resolucións necesarias para o desenvolvemento desta orde.

Disposición derradeira segunda. Normativa aplicable

En todo o non previsto nesta orde rexerá a normativa xeral en materia de subvencións contida na Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións; na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, ademais de no Decreto 193/2011, do 6 de outubro, polo que se regulan especialidades nas subvencións ás entidades locais galegas.

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 modificados pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de modificación da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben interpoñer directamente o recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Disposición derradeira terceira. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 22 de abril de 2015

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file