Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Martes, 28 de abril de 2015 Páx. 16239

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (2415/2013 MDM).

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación 2415/2013 MDM

Xulgado de orixe/autos: seguridade social 56/2012 Xulgado do Social número 2 de Pontevedra

Recorrente: Alfredo Cons González

Avogada: María Mercedes Martín-Esperanza González

Recorrida: Mutua Asepeyo

Avogada: Cristina Gloria González de la Rasilla

Procuradora: María Fara Aguiar Boudin

Recorrido: Instituto Nacional da Seguridade Social

Recorrida: Monprix 26, S.L.

Recorrida: Os Regos Promociones, S.L.

Eu, María Isabel Freire Corzo, secretaria xudicial da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza da Coruña, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación2415/2013 desta sección, seguido por instancia de Alfredo Cons González contra a Mutua Asepeyo, o Instituto Nacional da Seguridade Social e as empresas Monprix 26, S.L. e Os Regos Promociones, S.L., sobre accidente de grao, se ditou sentenza de data 7 de abril de 2015, cuxa parte dispositiva é a seguinte:

«Decidimos: que desestimando o recurso de suplicación interposto por Alfredo Cons González contra a sentenza ditada polo Xulgado do Social número 2 de Pontevedra, de data 4 de febreiro de 2013, debemos confirmar integramente a resolución contra a que se recorre.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes e ao Ministerio Fiscal.

Modo de impugnación: fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para unificación de doutrina, que se deberá preparar mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tivese a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co número 1552 0000 37, seguido de catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 35 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións ou Concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 35 **** ++).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal, incorporándose o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta a nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que lle sirva de notificación en legal forma á empresa Os Regos Promociones, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 7 de abril de 2015

A secretaria xudicial