Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Martes, 28 de abril de 2015 Páx. 16237

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 1618/2013-MDM).

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación 1618/2013-MDM

Xulgado de orixe/autos: procedemento ordinario 1073/2011 Xulgado do Social número 3 de Lugo

Recorrente: Fogasa

Recorridos: José Ramón Rodríguez Pérez, José Luis Quiroga López, Javier López Vázquez, José Francisco Alba da Costa, José Antonio López López, José Manuel Gómez Rodríguez

Avogada: María Teresa Souto Neira

Recorrida: Auto Valosa, S.A.

Eu, María Isabel Freire Corzo, secretaria xudicial da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento recurso de suplicación 1618/2013 desta sección, sendo recorrente o Fondo de Garantía Salarial e recorridos a empresa Auto Valosa, S.A. e José Ramón Rodríguez Pérez, José Luis Quiroga López, Javier López Vázquez, José Francisco Alba da Costa, José Antonio López López e José Manuel Gómez Rodríguez, sobre reclamación de cantidade, se ditou sentenza de data 7 de abril de 2015, cuxa parte dispositiva é a seguinte:

«Decidimos que desestimando o recurso de suplicación interposto en nome e representación do Fondo de Garantía Salarial contra a sentenza de data 21 de decembro de 2012, en autos 1073/2011, sobre reclamación de cantidade, seguidos por instancia de José Ramón Rodríguez Pérez, José Luis Quiroga López, Javier López Vázquez, José Francisco Alba da Costa, José Antonio López López e José Manuel Gómez Rodríguez contra a empresa Auto Valosa, S.A. e o organismo recorrente, debemos confirmar e confirmamos a resolución contra a que se recorre.

Así mesmo, impónselle á recorrente ao aboamento das custas procesuais causadas, con inclusión dos honorarios da letrada recorrente, que se fixan en 550 euros.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes e ao Ministerio Fiscal.

Modo de impugnación: fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para unificación de doutrina, que se deberá preparar mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tivese a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social deberá efectuar:

– O depósito de 600 euros na conta de dezaseis díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co número 1552 0000 37, seguido de catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 35 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións ou concepto da transferencia” os dezaseis díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 35 **** ++).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal, incorporándose o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta a nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Auto Valosa, S.A., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 7 de abril de 2015

A secretaria xudicial