Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Martes, 28 de abril de 2015 Páx. 16245

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (893/2012).

Juan Rey Pita, secretario xudicial do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 893/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Javier Huerga García contra Xestión Gráfica A Picota, S.L. e o Fogasa, sobre ordinario, ditouse a seguinte resolución:

Resolución:

1º. Que, estimando a demanda formulada por Javier Huerga García contra a empresa Xestión Gráfica A Picota, S.L., condeno esta a aboarlle a cantidade de 2.787,14 euros que lle debe como principal, así como 655,93 euros en concepto de intereses moratorios.

2º. O Fogasa deberá pasar pola presente resolución nos termos do artigo 23.5, último parágrafo, e 6, inciso primeiro, da LXS e artigo 33 ET.

Notifíquese ás partes e advírtase que contra esta resolución non cabe recurso de suplicación por razón da materia ou contía, sen prexuízo do que puidese caber polos motivos recollidos no artigo 191.3.b), d) ou e) da LRXS, no caso dos supostos previstos en tales preceptos, que deberá ser anunciado ante este xulgado no prazo de cinco días seguintes á notificación da presente resolución na forma prevista no artigo 194 e concordantes da LRXS, e co cumprimento das obrigas de depósito, consignación ou aseguramento previstas nos artigos 229 e seguintes da LRXS.

Así por esta sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Publicación. Lida e publicada foi a anterior sentenza polo maxistrado que a ditou, achándose celebrando audiencia pública no día da data, do que dou fe.

E para que sirva de notificación en legal forma a Xestión Gráfica A Picota, S.L., expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 1 de decembro de 2014

O secretario xudicial