Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Martes, 28 de abril de 2015 Páx. 16247

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (102/2015).

María Jesús Hernando Arenas, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fai saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 102/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Juan Pedro Asenjo Yebra contra M. Condeal-2012, S.L.L. sobre despedimento, se ditou sentenza, cuxa decisión di:

Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de despedimento foi interposta por Juan Pedro Asenjo Yebra, contra a entidade M. Condeal-2012, S.L., e en consecuencia, debo declarar e declaro improcedente o despedimento de que o demandante foi obxecto o 11 de decembro de 2014, con efectos desde o 26 de decembro de 2014, e debo declarar e declaro extinguida a relación laboral que unía as partes, desde a data da presente resolución, ao cesar na súa actividade a anterior entidade, condenando a entidade M. Condeal-2012, S.L. ao aboamento dunha indemnización por despedimento a razón de 1.979,12 €.

Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade foi interposta por Juan Pedro Asenjo Yebra, contra a entidade M. Condeal-2012, S.L. e, en consecuencia, debo condenar e condeno a entidade M. Condeal-2012, S.L., a que lle aboe á demandante a cantidade de 8.328,35 € brutos (6.732,21 € líquidos) por salarios devindicados entre agosto e decembro de 2014, incluíndo a paga extra de decembro, así como o xuro do 10 % por mora e aplicable aos conceptos salariais.

Coa intervención do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes e fágaselles saber o seu dereito a interpoñer contra ela recurso de suplicación perante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito perante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Advírtaselle ao recorrente que non sexa traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social, ou habente causa seu, ou que non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros do depósito especial indicado no artigo 229.1.a) da Lei reguladora da xurisdición social, na conta aberta na entidade Banesto, a nome deste xulgado co número 47570000, código 36 e número de expediente, acreditando mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, consignar na conta de depósitos e consignacións a nome deste xulgado, a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario pola dita cantidade en que se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, incorporándoos a este xulgado co anuncio de recurso. En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso, no momento de anuncialo.

Así por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que sirva de notificación en legal forma á empresa M. Condeal-2012, S.L.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Boletín Oficial de la provincia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 9 de abril de 2015

A secretaria xudicial