Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Mércores, 6 de maio de 2015 Páx. 17744

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 23 de abril de 2015, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo extraordinario de consolidación para o ingreso no corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala de topógrafos/as, convocado pola Orde do 9 de maio de 2014 (Diario Oficial de Galicia número 99, do 26 de maio), pola que se fai pública a data, a hora e o lugar de realización do primeiro exercicio do proceso selectivo.

En sesión que tivo lugar o día 23 de abril de 2015, o tribunal nomeado pola Orde do 7 de abril de 2015 (DOG núm. 68, do 13 de abril), pola que se nomea o tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo extraordinario de consolidación para o ingreso no corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala de topógrafos/as, convocado pola Orde do 9 de maio de 2014 (Diario Oficial de Galicia núm. 99, do 26 de maio), acordou que o primeiro exercicio da fase de oposición terá lugar o día 11 de xuño de 2015, e que o lugar de realización será na Escola Galega de Administración Pública (rúa de Madrid, 2-4, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña), nas aulas 11 e 17, en chamamento único que se iniciará ás 16.30 horas.

Os aspirantes deberán ir provistos de DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade a xuízo do tribunal, lapis do número 2 e goma de borrar.

Non se permitirá o acceso ás aulas en que se realice o exercicio con teléfonos móbiles, axendas electrónicas, reloxos intelixentes ou calquera outro instrumento de que se poida valer o aspirante para auxiliarse na realización do exercicio. Non se habilitará ningún servizo de recollida de móbiles.

Santiago de Compostela, 23 de abril de 2015

Ramón Luis de la Sota Crespi
Presidente do tribunal