En sesión que tivo lugar o día 20 de abril de 2015, o tribunal nomeado por Orde do 6 de marzo de 2015 (DOG núm. 51, do 16 de marzo), pola que se nomea o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñeiros/as de telecomunicacións, convocado pola Orde do 9 de maio de 2014 (Diario Oficial de Galicia núm. 99, do 26 de maio), acordou que o primeiro exercicio da fase de oposición terá lugar o día 19 de maio de 2015, e que o lugar de realización será na Escola Galega de Administración Pública (r/ Madrid, 2-4, As Fontiñas, 15707 Santiago de Compostela), nas aulas 2 e 11, en chamamento único que se iniciará ás 16.00 horas.
Os aspirantes deberán ir provistos de DNI, ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade a xuízo do tribunal, lapis do nº 2 e goma de borrar.
Non se permitirá o acceso ás aulas en que se realice o exercicio con teléfonos móbiles, axendas electrónicas, reloxos intelixentes ou calquera outro instrumento de que se poida valer o aspirante para auxiliarse na realización do exercicio. Non se habilitará ningún servizo de recollida de móbiles.
Santiago de Compostela, 27 de abril de 2015
Luis Castedo Ribas
Presidente do tribunal