Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Mércores, 6 de maio de 2015 Páx. 17786

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 13 de abril de 2015, da Dirección Xeral de Traballo e Economía Social, pola que se se ordena a publicación no Diario Oficial de Galicia do depósito dos estatutos da Asociación de Mexilloeiros A Bensa.

En cumprimento do disposto no artigo 4.2 do Decreto 406/2009, do 22 de outubro, polo que se crea o Rexistro de Asociacións Profesionais de Traballadores Autónomos da Comunidade Autónoma de Galicia, faise público que no Servizo do Traballo Autónomo e Apoio ás Persoas Emprendedoras da Dirección Xeral de Traballo e Economía Social están depositados os estatutos da Asociación de Mexilloeiros A Bensa, da cal se fan as seguintes indicacións:

Ámbito territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

Especialidade subxectiva e de obxectivos: a representación, defensa e promoción dos intereses dos seus membros.

Ámbito funcional: poderán ser integrantes da asociación todos aquelas persoas produtoras de mexillón de batea (acuicultura mariña).

Asinantes da acta de constitución: Daniel Francisco Sánchez Silva, Gerardo Sánchez Silva, Juan José Oliveira Figueiras, Mª Soledad Oliveira Figueiras, Jaime Jesús Pérez González, Mª Luz del Mar González Fungueiriño, David Sánchez Bermúdez, Ana Mª Rocío Laíño Tubio, Mª Dolores Bermúdez González, Josefa Silva Miranda, Mª José Oliveira Figueiras e José Oliveira Hermo.

Santiago de Compostela, 13 de abril de 2015

Carmen Bouso Montero
Directora xeral de Traballo e Economía Social