Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Mércores, 6 de maio de 2015 Páx. 17787

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 22 de abril de 2015, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se anuncia a contratación, por procedemento aberto e tramitación urxente, do servizo de vixilancia nas casas do mar de Burela e Celeiro (expediente 38/2015).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Traballo e Benestar.

b) Dependencia que tramita o expediente: Xefatura Territorial de Lugo.

c) Obtención de documentación e información:

1) Dependencia: Xefatura Territorial de Lugo.

2) Enderezo: rolda Muralla, 70, baixo, 27071 Lugo.

3) Teléfono: 982 29 41 01. Fax: 982 29 49 74.

4) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.contratosdegalicia.es .

5) Data límite da obtención da documentación e información: ata a data límite de presentación das ofertas.

d) Número de expediente: 38/2015.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizos.

b) Descrición: contratación do servizo de vixilancia nas casas do mar de Burela e Celeiro.

c) División por lotes e número de lotes: non.

d) Lugar de execución:

Casa do mar de Burela, rúa Rosalía de Castro, s/n, 27880 Burela.

Casa do mar de Celeiro, avenida Ramón Canosa, s/n, 27863 Celeiro.

e) Prazo de execución: 6 meses desde a súa formalización.

f) Admisión de prórroga: si.

g) CPV (referencia de nomenclatura): 79713000-5.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación urxente e procedemento aberto.

b) Criterios de adxudicación: ver prego.

4. Orzamento de licitación:

Importe neto: setenta e sete mil cincocentos euros (77.500,00 €).

IVE (21 %): dezaseis mil douscentos setenta e cinco euros (16.275,00 €).

Importe total: noventa e tres mil setecentos setenta e cinco euros (93.775,00 €).

5. Garantías exixidas:

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva: 5 % do orzamento de adxudicación (IVE excluído).

6. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: non se exixe.

b) Solvencia económica e financeira e técnica ou profesional: ver prego de cláusulas administrativas.

7. Presentación de ofertas e de solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: 10 días naturais, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Modalidade de presentación: as ofertas pódense presentar en man ou por correo na forma indicada no artigo 80 do Real decreto 1098/2001, do 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas.

c) Lugar: Rexistro Xeral do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia de Lugo, rolda da Muralla, 70 baixo, 27071 Lugo.

d) Admisión de variantes: non.

e) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous meses contados desde a data de apertura das proposicións.

8. Apertura das ofertas: terá lugar en acto público, na sala de xuntas da Xefatura Territorial de Lugo, na hora e na data que será anunciada con tres días hábiles de antelación no perfil do contratante http://www.contratosdegalicia.es/ .

9. Gastos de publicidade: o importe deste anuncio será por conta do adxudicatario do contrato.

Lugo, 22 de abril de 2015

Alberto Linares Fernández
Xefe territorial de Lugo