Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Mércores, 6 de maio de 2015 Páx. 17762

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 7 de abril de 2015, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se dispón a notificación da resolución do expediente sancionador PO-311/14, por infracción en materia de espectáculos públicos.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, notifícaselle á persoa que deseguido se relaciona, á cal non se lle puido facer por correo certificado, a resolución ditada no expediente de multa, por unha infracción en materia de espectáculos públicos. O seu número cítase no anexo.

Contra esta resolución poderá interpoñer o interesado recurso de alzada, perante o conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa notificación.

Advírtase que, de non ser interposto este en tempo e forma, deberá aboar a multa imposta no período de pagamento voluntario sinalado no boletín de multas e que pode recoller nas dependencias da Xefatura Territorial da Consellería, a favor do Tesouro da Facenda Galega, na conta restrinxida que consta no devandito boletín, en calquera das oficinas da entidade bancaria Abanca, facendo constar o número de expediente sancionador. Transcorrido o dito prazo, procederase ao cobramento pola vía de constrinximento, de conformidade co establecido na disposición segunda da Orde da Consellería de Economía e Facenda do 23 de novembro de 2001 (DOG do 5 de decembro).

Pontevedra, 7 de abril de 2015

Ramón Pereiro Santín
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Nome

DNI/NIF

Nº exp.

Precepto infrinxido

Último enderezo

Resolución

Bamavi Caldas, S.L.

B-36499135

PO-311/14

Artigo 26.e) da Lei 1/1992, do 21 de febreiro

R/ Augusto González Besada, 20

Porto deportivo Juan Carlos I, locais 1-2

36960 Sanxenxo

Multa de 100 €