Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Mércores, 6 de maio de 2015 Páx. 17761

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (16/2015).

María Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 16/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Teresa Collazo Abuin contra Servanza, S.L., Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución:

Parte dispositiva:

Declaro extinguida a data da presente resolución a relación laboral que unía a María Teresa Collazo Abuín con Servanza, S.L. e condeno a Servanza, S.L. a aboarlle a María Teresa Collazo Abuín a suma de 6.451,69 euros en concepto de indemnización pola extinción da relación laboral.

Notifíqueselles ás partes e ao Fogasa a presente resolución facéndoos saber que contra esta poden interpor recurso de reposición no prazo de tres días contados desde o seguinte ao da súa notificación.

Así o acorda, manda e asina Paula Méndez Domínguez, maxistrada titular do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela.

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Servanza, en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no DOG.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 15 de abril de 2015

A secretaria xudicial