Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Xoves, 7 de maio de 2015 Páx. 18170

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

CÉDULA do 22 de abril de 2015 pola que se notifica a reclamación de custos ocasionados polo desmonte e traslado de aeroxeradores no porto de Ribadeo.

De conformidade co disposto no artigo 59.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícase mediante a publicación no Diario Oficial de Galicia a Kliux Energies, S.L., con CIF B26487306, como propietaria de dous aeroxeradores no peirao de Porcillán (Ribadeo), a reclamación dos custos ocasionados polo desmonte e traslado deles, como consecuencia do incumprimento da orde de retirada dos citados elementos, por non ser posible a notificación a través do servizo de Correos no último domicilio coñecido sito na rúa dos Almendros, 14, 26009 Logroño (La Rioja).

O importe dos custos derivados do desmonte e traslado dos aeroxeradores no porto deportivo de Ribadeo, executado de maneira subsidiaria mediante expediente de obra menor, ascende á cantidade de seiscentos oitenta e nove euros con setenta céntimos de euro (689,70 €), IVE incluído.

A reclamación efectúase ao abeiro da regra novena de aplicación a tarifa portuaria E-2 prevista na Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, e dos artigos 96, 97 e 98 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Na súa virtude requírese a Kliux Energies, S.L. con CIF B26487306, para que proceda nos prazos previstos no artigo 62 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria, a aboar a cantidade de seiscentos oitenta e nove euros con setenta céntimos de euro (689,70 €), IVE incluído.

Para o pagamento da dita cantidade deberá de empregarse o modelo de impreso que se facilitará en servizos centrais de Portos de Galicia sitos en Área Central, praza de Europa, portal 5-A, de Santiago de Compostela, número de teléfono 902 40 08 70.

De non aboarse a dita cantidade no prazo sinalado, ata será exixida pola la vía de constrinximento.

O expediente completo encóntrase nas dependencias dos servizos centrais de Portos de Galicia onde poderá ser examinado das 9.00 ás 14.00 horas.

A reclamación que efectúa a dirección do ente público e que ten eficacia executiva non esgota a vía administrativa polo que contra ela cabe interpoñer recurso de alzada ante o presidente de Portos de Galicia no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación.

E para que conste e lle sirva de notificación, e en cumprimento do disposto no artigo 59.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo a presente cédula.

Santiago de Compostela, 22 de abril de 2015

José Ignacio Villar García
Director de Portos de Galicia