Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Xoves, 7 de maio de 2015 Páx. 18190

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Arbo

ANUNCIO de aprobación definitiva da modificación do Plan parcial do parque empresarial.

O Pleno do Concello de Arbo, en sesión ordinaria que tivo lugar o día 30.3.2015, acordou, por cinco votos a favor e tres abstencións, aprobar definitivamente a modificación do Plan parcial do solo empresarial do concello de Arbo, promovida por Xestur, S.A. e redactada polo enxeñeiro de camiños, canais e portos Daniel Durán Arrieiro.

En cumprimento do disposto no artigo 70.2 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, e no artigo 92.2 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, procédese á publicación do acordo plenario para a súa entrada en vigor.

Acordo plenario.

Primeiro. Desestimar as alegacións presentadas no trámite de información pública por José Iglesias Freijanes, con DNI 35516210-R, e domicilio en Rozas, 44, Sela-Arbo (número de rexistro de entrada 480, do 8.5.2014) e por José Antonio García Reinaldo, con DNI 36160881-M e domicilio na Cividá, nº 47, Barcela-Arbo (número de rexistro de entrada 485, do 9.5.2014), con base no informe do técnico redactor do documento de modificación do Plan parcial do parque empresarial, Daniel Durán Arriero, de febreiro de 2015, recibido no Rexistro do concello o 12.2.2015 (número de entrada 202). O dito informe foi asumido polo arquitecto asesor municipal, Teodoro de Francisco Antes en informe emitido o 2.3.2015 e incorpóranse a este acordo como fundamento del.

Segundo. Aprobar definitivamente a modificación do Plan parcial do solo empresarial do concello de Arbo, promovida por Xestur, S.A., e redactado polo enxeñeiro de camiños, canais e portos Daniel Durán Arrieiro, nos termos que constan no expediente.

Terceiro. Deixar sen efecto a suspensión de outorgamento de aprobacións, autorizacións e licenzas urbanísticas nas áreas afectadas por esta tramitación. No sucesivo deberanse axustar os terreos, as instalacións, as construcións e as edificacións ao destino que resulte da súa clasificación e cualificación e ao réxime urbanístico que, consecuentemente, lles sexa de aplicación, derivado do novo instrumento de planeamento.

Cuarto. Comunicar o acordo de aprobación definitiva da modificación do Plan parcial do solo empresarial do concello de Arbo á consellería competente en materia de urbanismo e ordenación do territorio (Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas), á vez que se lle dará traslado dunha copia autenticada de dous exemplares do instrumento aprobado definitivamente con todos os planos e documentos que integran o plan sobre os cales recaese o acordo de aprobación definitiva, debidamente dilixenciados polo secretario do concello.

Quinto. Publicar o acordo de aprobación definitiva do planeamento, no prazo dun mes desde a súa adopción, no Diario Oficial de Galicia, e o documento que conteña a normativa e as ordenanzas, no Boletín Oficial da provincia. Neste anuncio de aprobación definitiva farase constar a remisión da documentación á consellería competente en materia de urbanismo e de ordenación do territorio.

Por outra banda, e tal como está establecido no artigo 92.3 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, dáse conta tamén neste anuncio de que o citado proxecto foi remitido á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.

Contra o presente acordo, conforme o previsto no artigo 107.3 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e dado que nos encontramos ante unha disposición de carácter xeral, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous (2) meses contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, de conformidade co previsto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Arbo, 7 de abril de 2015

Horacio Gil Expósito
Alcalde