Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Luns, 11 de maio de 2015 Páx. 18573

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 21 de abril de 2015, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se notifica a resolución dos expedientes sancionadores en materia de espectáculos públicos OU-E-298/14 e OU-E-299/14.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles aos titulares dos establecementos que se relacionan no anexo que se achega a resolución do expediente sancionador, por infracción da Lei orgánica 1/1992, do 21 de febreiro, de protección da seguridade cidadá, por non ser posible a súa notificación por correo certificado.

O importe da sanción farase efectivo na conta restrinxida de recadación de multas e sancións en Abanca, recadación Xunta modelo XTAX, ou na conta contable 840, código 001 de Abanca, no prazo de quince días hábiles contados a partir do día seguinte ao que esta resolución sexa executiva. Para efectuar o ingreso deberá empregar os impresos normalizados que lles serán facilitados na oficina desta xefatura territorial, sita na avenida da Habana, nº 79-2º, de Ourense.

Unha vez transcorrido o citado prazo, cobrarase pola vía administrativa de constrinximento, de conformidade co establecido na disposición segunda da Orde da Consellería de Economía e Facenda do 23 de novembro de 2001 (DOG do 5 de decembro).

Malia o anterior e de conformidade co disposto no artigo 114 e concordantes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, cabe formular recurso de alzada ante o conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta notificación.

Transcorrido o prazo de interposición do recurso sen que este se presente, esta resolución será firme para todos os efectos regulamentarios.

Ourense, 21 de abril de 2015

P.A.
Marisol Díaz Mouteira
Secretaria territorial de Ourense

ANEXO

Número de expediente: OU-E-298/14.

DNI: 44480440-G.

Denunciado: Óscar Fernández Villarino.

Enderezo: r/ Curros Enríquez, 25, baixo, Xinzo de Limia (Ourense).

Establecemento: Ozono, r/ Curros Enríquez, 25, baixo, Xinzo de Limia (Ourense).

Precepto infrinxido: artigo 23.o) da Lei 1/1992, do 21 de febreiro, modificada pola Lei 4/1997.

Importe da sanción: 1.500 € máis sete días de suspensión de licenza municipal de apertura.

Número de expediente: OU-E-299/14.

NIF: 44480440-G.

Denunciado: Óscar Fernández Villarino.

Enderezo: r/ Curros Enríquez, 25, baixo, Xinzo de Limia (Ourense).

Establecemento: Ozono, r/ Curros Enríquez, 25, baixo, Xinzo de Limia (Ourense).

Precepto infrinxido: artigo 23.o) da Lei 1/1992, do 21 de febreiro, modificada pola Lei 4/1997.

Importe da sanción: 1.650 € máis quince días de suspensión de licenza municipal de apertura.