Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Luns, 11 de maio de 2015 Páx. 18557

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (1189/2013).

María Jesús Hernando Arenas, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento seguridade social 1189/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo contra Construcciones Erbap 2003, S.L., Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social sobre seguridade social, se ditou a seguinte sentenza:

Que estimando a demanda que en materia de cantidade foi interposta pola Mutua Galega de Accidentes de Trabajo contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e a mercantil Construcciones Erbap 2003, S.L., debo condenar e condeno a empresa a que reintegre á Mutua a cantidade reclamada de 4.702,61 € en concepto de asistencia sanitaria e prestacións derivadas do proceso de incapacidade temporal aboadas por esta ao seu traballador Mariusz Mazur, consecuencia do accidente de traballo, sen prexuízo da responsabilidade subsidiaria do Instituto Nacional da Seguridade Social como legal sucesor do Fondo de Garantía de Accidentes de Traballo, en caso de insolvencia da empresa.

Notifíquese esta resolución ás partes e fágaselles saber o seu dereito a interpoñer contra ela recurso de suplicación ante a sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Así, por esta a miña sentenza, que pronuncio, mando e asino.

Y para que sirva de notificación en legal forma a Construcciones Erbap 2003, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Boletín Oficial da provincia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan de autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 17 de abril de 2015

A secretaria xudicial