Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Luns, 11 de maio de 2015 Páx. 18563

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 393/2012).

Procedemento ordinario 393/2012

Sobre: ordinario

Demandante: José Manuel Molina Pérez

Demandada: Esabe Vigilancia, S.A.

María Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fai saber que por resolución ditada no día da data, no proceso seguido por instancia de José Manuel Molina Pérez contra Esabe Vigilancia, S.A., en reclamación por ordinario, rexistrado co número de procedemento ordinario 393/2012, se acordou, en cumprimento do que dispón o artigo 59 da LXS, citar a Esabe Vigilancia, S.A., en ignorado paradoiro, co fin de que compareza o día 2.6.2015 ás 12.00 horas en planta baixa, sala 1, edificio Rúa Berlín, para a realización dos actos de conciliación e, de ser o caso, xuízo. Deberá comparecer persoalmente ou mediante persoa legalmente apoderada a través de quen legalmente o represente e teña facultades para responder ao interrogatorio, e advírteselle que, en caso de non comparecer, se lle poderá impor a multa prevista no artigo 292.4 da Lei de axuizamento civil, e que se non comparece sen xusta causa á primeira citación, rexeitase declarar ou persistise en non responder afirmativa ou negativamente, a pesar do apercibimento que se lle fixese, poderán considerarse recoñecidos como certos, na sentenza os feitos a que se refiran as preguntas, sempre que o interrogado tivese intervido neles persoalmente e a súa fixación como certos lle resultar prexudicial en todo ou en parte. En caso de que o interrogatorio non se refira a feitos persoais, admitirase a súa resposta por un terceiro que coñeza os feitos, se a parte así o solicita e acepta a responsabilidade da declaración. Así mesmo, deberá acudir con todos os medios de proba de que intente valerse, coa advertencia de que é única convocatoria e que os ditos actos non se suspenderán por falta inxustificada de asistencia.

Requírese para que achegue os documentos solicitados pola parte demandante no seu escrito de demanda, a cal se encontra á súa disposición na oficina xudicial, coa advertencia de que, de non o facer, poderán terse por probadas as alegacións feitas pola contraria en relación coa proba acordada (artigo 94 da LXS).

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

En caso de que pretenda comparecer ao acto do xuízo asistido de avogado ou representado tecnicamente por graduado social colexiado, ou representado por procurador, porá esta circunstancia en coñecemento do xulgado ou tribunal por escrito, dentro dos dous días seguintes ao da súa citación para o xuízo, co obxecto de que, trasladada tal intención ao demandante, poida estar este representado tecnicamente por graduado social colexiado, ou representado por procurador, designar avogado noutro prazo igual ou solicitar a súa designación a través da quenda de oficio. A falta de cumprimento destes requisitos supón a renuncia da parte ao dereito de valerse no acto de xuízo de avogado, procurador ou graduado social colexiado.

E para que lle sirva de citación a Esabe Vigilancia, S.A., expídese o presente edicto para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

Santiago de Compostela, 17 de abril de 2015

A secretaria xudicial