Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Luns, 11 de maio de 2015 Páx. 18541

III. Outras disposicións

Escola Galega de Administración Pública

RESOLUCIÓN do 5 de maio de 2015 pola que se anuncian os actos en conmemoración do Día das Letras Galegas.

En execución do seu plan de actividades para o ano 2015, a Escola Galega de Administración Pública (EGAP) anuncia a celebración dos actos en conmemoración do Día das Letras Galegas conforme as seguintes bases:

1. Obxectivos.

A Real Academia Galega dedícalle o Día das Letras Galegas de 2015 ao polígrafo pontevedrés Xosé Filgueira Valverde (1906-1996). A EGAP, como institución pública galega, súmase á homenaxe deste galego insigne organizando un acto literario, así como unha viaxe de interese cultural.

2. Destinatarios.

No acto literario poderá participar o persoal das administracións públicas e calquera outra persoa interesada. Á viaxe cultural terá acceso só o persoal ao servizo de calquera das administracións públicas de Galicia (ata 55 prazas). No caso de presentárense máis solicitudes que prazas, terá preferencia o persoal da Xunta de Galicia.

Para a selección teranse en conta a data e a hora de entrada da solicitude no seguinte enderezo electrónico: novas.egap@xunta.es , sempre de acordo coa preferencia sinalada no parágrafo anterior.

3. Desenvolvemento.

3.1. O día 17 de maio terá lugar unha viaxe de interese cultural polos escenarios onde transcorreu unha boa parte da vida do autor agasallado. O programa e o percorrido poderanse consultar na páxina web da EGAP.

A visita será guiada polo historiador de arte e arqueólogo Felipe-Senén López Gómez.

3.2. O día 18 de maio, ás 11.00 horas, no salón de actos da EGAP, o profesor Luis González Tosar pronunciará unha conferencia sobre a figura, vida e obra de Xosé Filgueira Valverde.

4. Inscrición.

As solicitudes, segundo o modelo oficial que figura ao final desta convocatoria, irán dirixidas á directora da EGAP, rúa de Madrid, 2-4, 15707 Santiago de Compostela; e presentaranse no Rexistro Xeral da EGAP ou por calquera das formas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

As solicitudes deberán entrar antes das 24.00 horas do día 14 de maio.

5. Información sobre a selección.

A listaxe de persoas seleccionadas poderase consultar na páxina web da EGAP, así como nos teléfonos 881 99 72 51/ 981 54 62 41/ 981 54 62 39 do Servizo de Estudos, Investigación e Publicacións da escola, que atenderán calquera outra petición de información.

Santiago de Compostela, 5 de maio de 2015

Sonia Rodríguez-Campos González
Directora da Escola Galega de Administración Pública

ANEXO
FOLLA DE INSCRICIÓN

1. SOLICITANTE

Apelidos

Nome

DNI

Enderezo particular

Código postal

Concello

Teléfono

2. DATOS PROFESIONAIS

Posto de traballo

Corpo ou escala (1)

Nivel (2)

Entidade en que presta servizos

Enderezo do posto de traballo

Código postal

Concello

Teléfono

Fax

Enderezo electrónico

3. ACTIVIDADE SOLICITADA

Solicito:

□ participar na viaxe cultural o día 17 de maio.

□ asistir á conferencia o día 18 de maio de 2015 na EGAP.

Sinatura

_____________________________, ___ de maio de 2015

(1) | (2) Cubrir soamente no caso de ser funcionario

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal (BOE núm. 298, do 14 de decembro), infórmase que os datos persoais recollidos nesta solicitude serán incorporados a un ficheiro para o seu tratamento, coa finalidade de xestionar este procedemento. Pódense exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición previstos na lei, mediante a presentación dun escrito dirixido a este mesmo centro, como responsable do ficheiro.

Directora da Escola Galega de Administración Pública