Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Martes, 12 de maio de 2015 Páx. 18745

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

ANUNCIO do 17 de abril de 2015, da Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio da Consellería de Facenda, de alleamento polo procedemento de poxa pública do 50 % dun inmoble situado no concello de Valencia.

Ás 11.00 horas do día 17 de xuño de 2015 terá lugar no salón de actos número 2 central, no Edificio Administrativo San Caetano, en Santiago de Compostela, perante a mesa presidida polo subdirector xeral do Patrimonio, coa asistencia dun letrado da Asesoría Xurídica da Xunta de Galicia, un representante da Intervención Xeral da Comunidade Autónoma e un funcionario da Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio, que actuará como secretario, poxa pública do seguinte lote, cuxo alleamento foi acordado pola Orde do 11 de marzo de 2015:

– 50 % do dominio da vivenda situada na avenida Pérez Galdós, 65, planta primeira, porta primeira, de Valencia, dunha superficie construída de 94,85 m2 e de 82,70 m2 útiles, segundo recente medición. Referencia catastral 4522008YJ2742B0003YB. Inscrito no Rexistro da Propiedade nº 2 de Valencia, ao tomo 2.955, folio 171, sección sétima do predio 11.385. Tipo de licitación primeira poxa: 23.915,74 euros; tipo de licitación segunda poxa: 20.328,38 euros; tipo de licitación terceira poxa: 16.741,02 euros.

Se a primeira poxa queda deserta, os inmobles ofertaranse sucesivamente en segunda e terceira poxa. Para tomar parte na poxa é requisito indispensable consignar o 20 % da cantidade sinalada como tipo de licitación do ben perante a mesa, ou acreditar que previamente se depositou tal cantidade na Tesouraría Xeral da Xunta de Galicia á disposición da Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio.

Admítense ofertas en sobre pechado. Este tipo de propostas poderán presentarse no Rexistro Xeral da Xunta de Galicia, no Edificio Administrativo San Caetano en Santiago de Compostela, ou en calquera dos lugares establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, dirixidas á Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio da Consellería de Facenda (Edificio Administrativo San Caetano, bloque 3, 15781, Santiago de Compostela). O prazo para presentar as ofertas en sobre pechado será de vinte (20) días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación do anuncio da poxa.

Serán por conta do adxudicatario os custos do anuncio, os orixinados pola adxudicación e formalización da venda, así como os gastos de comunidade que poidan estar pendentes; os demais gastos e impostos derivados da transmisión serán de aplicación conforme o disposto na lei.

O prego de condicións que rexe o presente alleamento está á disposición dos interesados na Subdirección Xeral do Patrimonio, rúa da Pastoriza, nº 8, 2º, andar de Santiago de Compostela, así como na páxina web da Consellería de Facenda:

(http://www.conselleriadefacenda.es/web/facenda/a-conselleria/transparencia/contratacion-patrimonial/procedementos-de-licitacion)

Teléfono de información: 981 54 41 51.

Santiago de Compostela, 17 de abril de 2015

María del Socorro Martín Hierro
Secretaria xeral técnica e do Patrimonio da Consellería de Facenda