Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Martes, 12 de maio de 2015 Páx. 18744

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ANUNCIO do 14 de abril de 2015, da Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, polo que se notifica á persoa interesada o Acordo do 2 de marzo de 2015, de inicio do procedemento de revogación de autorización de instalación de sala de bingo e cancelación da inscrición no Rexistro do Xogo do Bingo.

O día 2 de marzo de 2015 o director xeral de Emerxencias e Interior adoptou un acordo co contido que sumariamente se recolle no anexo deste anuncio. Segundo consta no expediente, intentada a práctica de notificación á persoa interesada, non foi posible realizala, polo que, en aplicación do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (modificada pola Lei 24/2001, do 27 de decembro), procede a súa notificación por medio dun anuncio no taboleiro de edictos do concello do seu último domicilio coñecido e no Diario Oficial de Galicia.

De acordo co disposto polo artigo 84 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, a interesada disporá dun prazo de 15 días, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, para poder examinar o contido completo do antedito acordo no Servizo de Xogo da Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, situado na rúa Roma, 25-27 de Santiago de Compostela (das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres) e para achegar por escrito cantas alegacións, documentos e xustificacións considere pertinentes na defensa dos seus dereitos.

Santiago de Compostela, 14 de abril de 2015

Luis Menor Pérez
Director xeral de Emerxencias e Interior

ANEXO

Interesado: Juegos Balora, S.A.

DNI/NIF: A36029619.

Último enderezo coñecido: rúa César Boente, 6-1º, 36002 Pontevedra.

Data da resolución: 2 de marzo de 2015.

Asunto: acordo de inicio de procedemento de revogación de autorización de instalación de sala de bingo e cancelación da súa inscrición no Rexistro do Xogo do Bingo.