Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Martes, 12 de maio de 2015 Páx. 18758

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 17 de marzo de 2015, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se anuncia a convocatoria para o levantamento de acta previa do predio número 17 afectado polo proxecto de execución do parque eólico Álabe-Lomba (expediente 037-EOL).

Mediante a Resolución do 8 de xaneiro de 2001, da Delegación Provincial de Lugo (agora Xefatura Territorial de Lugo), anunciábase a convocatoria para o levantamento das actas previas á ocupación dos predios afectados polo proxecto de execución do parque eólico denominado Álabe-Lomba (DOG núm. 14, do 19 de xaneiro).

Mediante esa resolución a delegación provincial, en cumprimento do disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, resolveu convocar os titulares de bens e dereitos afectados con que non se chegou a un acordo para que compareceran nos concellos de Abadín e Muras. No anexo en que se relacionaban aqueles bens e dereitos non figuraba o predio nº 17.

Tendo en conta o exposto, esta xefatura territorial, en cumprimento no disposto no artigo 52 da Lei de expropiación e forzosa e da Sentenza da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza do 9 de xaneiro de 2013 (P.O. 8050/2009), que resolveu a favor da titular do predio nº 17, resolveu convocala, para que compareza no Concello de Muras como punto de reunión, e así levar a cabo o levantamento de acta previa dese predio que, no seu día, quedou pendente.

As afeccións designadas na relación de bens e dereitos son as seguintes:

S.E.: superfice de expropiación de pleno dominio dos terrenos afectados.

S.P.: servidume de paso, que implica a construción de camiños e canalizacións soterradas coas seguintes limitacións de dominio permanentes:

– Dereito de libre paso ou acceso de persoal e equipos para a construción, montaxe, supervisión e vixilancia, conservación ou reparación das instalacións.

– Servidume de paso subterráneo, comprendendo a ocupación do subsolo polas liñas eléctricas soterradas aloxadas en gabias.

– Prohibición de efectuar remoción do terreo ou calquera tipo de obras ou actos que poidan danar ou prexudicar os camiños e instalacións.

S.V.: servidume de voo das pas dos aeroxeradores.

P.E.: superficie de protección eólica afectada pola siguiente limitación de dominio:

– Prohibición de situar obstáculos de altura superior a 10 m (construción, árbores, postes ou outros).

O.T.: ocupación temporal dos terreos durante un prazo de 18 meses.

Todo os interesados, así como as persoas que sexan titulares de calquera clase de dereitos ou intereses sobre os bens afectados, deberán acudir persoalmente ou representados pola persoa debidamente autorizada, achegando os documentos acreditativos da súa titularidade e o último recibo de contribución, e poden ir acompañados dos seus peritos e dun notario se o consideran oportuno, cos gastos pola súa conta.

Así mesmo, advírteselles a todos os interesados afectados que poderán formular alegacións por escrito nesta xefatura territorial ata o momento do levantamento das actas previas, para os únicos efectos de emendar posibles erros na relación de bens e dereitos afectados.

Desta convocatoria darase traslado a cada interesado mediante a oportuna cédula de citación individual, na cal se lles sinalará día e hora para o levantamento de actas.

No expediente expropiatorio Acciona Eólica de Galicia, S.A.U. asumirá a condición de beneficiaria.

Lugo, 17 de marzo 2015

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Proxecto: parque eólico de Álabe-Lomba.

Peticionario: Acciona Eólica de Galicia, S.A.

Concello de: Muras.

Propietario

Datos do terreo

Afeccións (m2)

Nome

Enderezo

Nº en plano

Usos do solo

Lugar

S.E.

S.P.

S.V.

P.E.

O.T.

Inversora Portichol, S.L. (antes Asesoramiento y Comercialización Marpu, S.L.)

Avda. de Arteixo
nº 19, 1º

15004 A Coruña

17

Monte baixo

O Castelo

0,00

1.282,82

0,00

0,00

235, 17