Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Martes, 12 de maio de 2015 Páx. 18757

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ACORDO do 24 de abril de 2015, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se comunica o requirimento de documentación do 9 de marzo de 2015 do expediente SAI IN 2014/61.

De conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, despois de intentada a notificación persoal no último domicilio coñecido, e non sendo posible a súa práctica, emprázase o interesado que se sinala no anexo para ser notificado por comparecencia.

A comparecencia deberá efectuarse nas dependencias da Xefatura Territorial da Consellería de Economía e Industria na Coruña; Edificio Administrativo Monelos, 1º andar (Servizo de Administración Industrial), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento.

A Coruña, 24 de abril de 2015

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: SAI IN 2014/61.

Interesado: Jesús Calviño Dafonte.

CIF: 32845330-L.

Acto notificado: requirimento de documentación.