Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Martes, 12 de maio de 2015 Páx. 18766

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 16 de abril de 2015, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, polo que se publica a Resolución do 15 de abril de 2015, relativa ao deslindamento entre as comunidades de montes veciñais en man común de Vilar e Servoi, no concello de Castrelo do Val.

Examinada a solicitude de conciliación formulada pola CMVMC de Vilar e a CMVMC de Servoi resultan os seguintes:

Feitos:

Primeiro. Con data do 1 de abril de 2014 os presidentes da comunidade de Vilar, propietaria do monte veciñal en man común Comunal de Vilar e a Comunidade de Servoi propietaria do monte veciñal en man común Comunal de Servoi, ambas no concello de Castrelo do Val, solicitaron a aprobación dun deslindamento realizado entre ambas as comunidades. Os interesados achegaron coa solicitude a acta de conciliación realizada ante o xulgado de paz, certificacións de aprobacións de deslindamento das respectivas asembleas e planos.

Segundo. Con data do 28 de abril de 2014 o Servizo de Montes informou de que a documentación achegada cumpre as exixencias previstas no artigo 53 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, e que o deslindamento realizado establece o límite entre ambos os dous montes dun xeito claro e inequívoco.

Terceiro. Na acta de conciliación descríbense os lindes entre os montes da maneira seguinte:

Para que se recoñeza o linde entre os montes veciñais en man común dos veciños de Servoi e o monte veciñal en man común dos veciños de Vilar, sinálase que o linde entre as dúas comunidades foi considerado desde tempo inmemorial e de forma quieta e pacífica polos veciños das comunidades, tal e como se describe a continuación, definido pola poligonal que une os seguintes vértices:

Vértice 1, localizado no alto de Cabeciña do Seixo, o cal tamén é vértice común ao monte MVMC Comunal de Fontefría, segundo está recoñecido nas carpetas-ficha dos expedientes de clasificación dos tres montes aludidos.

Vértice 2, situado aproximadamente a 20 metros en senso noroeste do vértice 1, no cruzamento da devasa que vai pola divisoria de augas e o camiño que vai ao antigo campo de fútbol, coincidindo a súa situación coa esquina sueste do devandito campo de fútbol (abandonado na actualidade). O límite queda definido pola liña recta que o une co vértice anterior.

Vértice 3, situado aproximadamente a 251 metros en senso oeste do vértice 2, situado no eixe da devasa que vai pola divisoria de augas. O límite queda definido pola liña recta que o une co vértice anterior, coincidindo co trazado da devasa.

Vértice 4, situado aproximadamente a 35 metros do vértice 3, coincidindo coa torre do tendido eléctrico. O límite queda definido pola liña recta que o une co vértice anterior.

Vértice 5, situado aproximadamente a 157 metros do vértice 4, en senso O-NO, coincidindo coa torre do tendido eléctrico, de xeito que o límite queda definido pola liña recta que o une co vértice anterior, segundo o trazado da liña eléctrica. Neste vértice dá comezo a división da parcela de monte denominada Valseco, incluída tamén na clasificación do MVMC Comunal de Servoi.

Vértice 6, situado aproximadamente a 145 metros do vértice 5, en senso O-SO, coincidindo co cruzamento do tendido eléctrico cunha pista forestal, de xeito que o límite queda definido pola liña recta que o une co vértice anterior, segundo o trazado da liña eléctrica.

Vértice 7, situado aproximadamente a 63 metros do vértice 6, en senso S-SO, seguindo o trazado da pista forestal que vén do vértice anterior. O límite queda definido pola liña recta que o une co vértice anterior coincidente co trazado da pista.

Vértice 8, situado aproximadamente a 91 metros do vértice 7, en senso suroeste, localizado nunha cota de 1.043,68 metros. O límite queda definido pola liña recta que o une co vértice anterior.

Vértice 9, situado aproximadamente a 271 metros do vértice 8, en senso suroeste, no cruzamento dunha devasa cunha pista forestal e tamén co nacemento dun regato sen nome, pero claramente marcado na cartografía topográfica. O límite queda definido pola liña recta que o une co vértice anterior.

Vértice 10, situado aproximadamente a 396 metros do vértice 9, en senso suroeste, na unión do regato con outro de maior orde, pola súa vez tributario da Corga das Bagoeiras (tamén río Valseco). O límite queda definido polo curso do rego (sen nome) que discorre polo fondo da valgada en que se sitúan ambos os vértices.

As coordenadas UTM de cada un dos vértices descritos detállanse na táboa adxunta:

Vértice

UTM-ED50 (29N)

UTM-ETRS89 (29N)

X

Y

X

Y

1. Cabeciña do Seixo

635.569,00

4.654.630,00

635.444,39

4.654.414,91

2. Esquina, S.E. campo fútbol

635.553,42

4.654.643,16

635.428,81

4.654.428,07

3. Eixe da devasa

635.302,21

4.654.641,33

635.177,60

4.654.426,24

4. Torre da liña eléctrica

635.269,87

4.654.654,73

635.145,26

4.654.439,64

5. Torre da liña eléctrica

635.124,00

4.654.713,66

634.999,39

4.654.498,57

6. Cruzamento liña eléctrica con pista

634.979,43

4.654.698,86

634.854,82

4.654.483,77

7. Pista forestal

634.960,56

4.654.638,72

634.835,95

4.654.423,64

8. Cota de 1.043 m

634.883,00

4.654.592,00

634.758,39

4.654.376,91

9. Cruzamento regato/pista/devasa

634.644,13

4.654.463,73

634.519,52

4.654.248,64

10. Unión de regatos

634.359,13

4.654.202,66

634.234,52

4.653.987,57

Como consecuencia do linde recoñecido, o tramo dos vértices 1 a 5 non difire da clasificación, sendo unha mellora da súa definición cartográfica. Pero o tramo 5-a 10 implica que a parcela do monte veciñal denominada Valseco, incluída nas clasificación do MVMC Comunal de Vilar e do MVMC Comunal de Servoi, queda dividida en dúas metades, de xeito que a porción sur pertence ao Comunal de Servoi.

Consideracións legais e técnicas

Primeiro. A presente resolución dítase ao abeiro do artigo 53 do Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, e de conformidade co disposto na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Segundo. O artigo 53 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, recolle o procedemento que se seguirá no deslindamento entre montes veciñais en man común e establece que o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común, logo do exame da documentación presentada, ditara resolución que será publicada no Diario Oficial de Galicia e notificada ás comunidades interesadas.

De acordo cos feitos e fundamentos de dereito expostos, o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común, de acordo co informe favorable do Servizo de Montes do 28 de abril de 2014, acordou por unanimidade o día 18 de marzo de 2015:

Aprobar o acto de conciliación acadado pola CMVMC de Vilar e a CMVMC de Servoi, de acordo co exposto no feito terceiro.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recuso potestativo de reposición perante o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense no prazo dun mes, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso Administrativo de Ourense, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao desta resolución, de acordo co disposto no artigo 12 da Lei 13/1989 (citada), nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e nos artigos 8 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Ourense, 16 de abril de 2015

Yago Borrajo Sánchez
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais
en Man Común de Ourense