Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Martes, 12 de maio de 2015 Páx. 18779

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 20 de abril de 2015 pola que se notifica a resolución do expediente de reposición da legalidade urbanística PON/192/2014-RP1, devolta polo servizo de Correos por resultar a súa interesada ausente na repartición.

O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, o día 30 de marzo de 2015, ditou resolución pola que se require a entidade Piscícola del Morrazo, S.A. para que no prazo de tres meses presente a solicitude de autorización autonómica de uso urbanístico para a instalación dun depósito de gas crioxénico, no lugar dos Castros, en Nerga, O Hío, no termo municipal de Cangas, provincia de Pontevedra.

Se, transcorrido o prazo de tres meses desde este requirimento, a interesada non solicitar a autorización antedita, a Axencia acordará a demolición das obras e a reposición dos terreos ao estado anterior á instalación do depósito e procederá a impedir definitivamente os usos a que desen lugar. Procederase de igual modo no suposto de que a autorización resultase denegada por ser o seu outorgamento contrario á legalidade.

Ao non poderse realizar a notificación persoal daquela resolución á entidade Piscícola del Morrazo, S.A., mediante esta cédula, e ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícase á interesada a devandita resolución.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, faise saber á interesada que o texto íntegro da resolución que se notifica se encontra ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística sitas no Edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

Contra a devandita resolución, que pon fin á vía administrativa, a interesada pode interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte a aquel en que se teña producido a notificación, ante o director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, ou ben, se non exerce o seu dereito a presentar recurso potestativo de reposición, interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo en cuxa circunscrición radique o inmoble afectado, conforme o disposto no artigo 14.1, regra terceira da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Para que conste e lle sirva de notificación ao citado interesado, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 20 de abril de 2015

José Antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística