Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Martes, 12 de maio de 2015 Páx. 18781

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 20 de abril de 2015 de emprazamento para trámite de audiencia no expediente PON/313/2014-RP1, devolta polo servizo de Correos por resultaren os seus interesados ausentes na repartición.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, publícase o emprazamento para trámite de audiencia ditado no expediente de reposición da legalidade urbanística PON/313/2014-RP1 a Alfonso Torres Alonso e Mónica del Olmo de la Vega, en relación coas obras de instalación dunha vivenda prefabricada, no lugar de Pontes, Noalla, no termo municipal de Sanxenxo, provincia de Pontevedra.

O expediente relacionado atópase á disposición dos interesados na Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita no Edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

Os interesados disporán dun prazo de dez (10) días hábiles, contado a partir do día seguinte a aquel en que se teña producido a notificación, para presentaren alegacións e os documentos e xustificacións que consideren pertinentes.

Para que conste e lles sirva de notificación aos citados interesados, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da devandita Lei 30/1992, do 26 de novembro, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 20 de abril de 2015

José Antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística