Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Martes, 12 de maio de 2015 Páx. 18782

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 22 de abril de 2015 pola que se notifica a resolución de imposición da cuarta multa coercitiva derivada do expediente sancionador IU2/88/2013-D1 (P-UL-57.00/06), devolta polo servizo de Correos por resultar o seu destinatario ausente na repartición.

A Dirección da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, con data do 23 de marzo de 2015, ditou resolución pola que se impón unha cuarta multa coercitiva derivada do expediente sancionador IU2/88/2013-D1 (P-UL-57.00/06), que foi incoado pola realización de obras executadas dentro da zona de servidume de protección do dominio público marítimo-terrestre, consistentes nun quiosco prefabricado sobre plataforma de madeira, estrutura metálica con cuberta, oito aneis de formigón, tubaxe de PVC e muro de contención, no lugar da praia do Muíño Vello, Lapamán, termo municipal de Bueu (Pontevedra).

Ao non se poder realizar a notificación persoal da resolución a Manuel Ferradás Soage, mediante esta cédula e ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícaselle ao interesado a dita resolución.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, comunícaselle ao interesado que o texto íntegro da resolución que se notifica está ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita no Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Unha vez transcorrido o dito prazo, a notificación entenderase producida.

O interesado pode interpor recurso de reposición contra esta resolución ante a Dirección da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte a aquel en que se producise a notificación, ou ben, se non exerce o seu dereito a presentar recurso potestativo de reposición, pode interpor directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante o xulgado do contencioso-administrativo en cuxa circunscrición radique o inmoble afectado, conforme o disposto no artigo 14.1, regra terceira, da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Para que conste e lle sirva de notificación ao citado interesado, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da LRXPAC, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 22 de abril de 2015

José Antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística