Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Martes, 12 de maio de 2015 Páx. 18784

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Emerxencias

RESOLUCIÓN do 16 de abril de 2015 pola que se fai pública a formalización do contrato administrativo suxeito á regulación harmonizada para a subministración do equipamento de telecomunicacións destinado ao novo Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia (CIAE 112 Galicia), cofinanciado nun 80 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, eixe 3, prioridade 53.

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención de información.

a) Organismo: Axencia Galega de Emerxencias.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=21713

Tamén se terá acceso ao perfil do contratante a través da páxina web:

http://www.axega112.org

d) Número de expediente: AXGE.14.SU.024.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: contrato administrativo de subministración.

b) Descrición: subministración de seis (6) dispositivos de conmutación de tráfico de rede para o acceso e a agregación do tráfico de usuarios que ten como obxectivo a conectividade na rede de área local e a interconexión cos dispositivos de encamiñamento do tráfico cara ao resto da RCXG e internet, e a subministración de dous (2) dispositivos de conmutación/encamiñamento de tráfico de rede que teñen como misión a interconexión dos servidores, dispositivos de rede do anterior punto e a conexión co resto da RCXG e internet.

c) CPV (referencia de nomenclatura): 32500000-8.

d) Data de publicación do anuncio de licitación: DOUE: 2014/S 238-418595, do 10.12.2014; BOE: nº 304, do 17.12.2014 e DOG: nº 239, do 15.12.2014.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: documentalmente simplificada e ordinaria.

b) Procedemento: aberto atendendo a varios criterios de adxudicación.

4. Orzamento base de licitación: importe neto: 364.011,39 €; importe total: 440.453,78 €.

5. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 12 de marzo de 2015.

b) Data de formalización: 8 de abril de 2015.

c) Adxudicatario: Fujitsu Technology Solutions, S.A.

d) Importe de adxudicación: importe neto: 363.763,32 €; importe total: 440.153,61 €.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: economicamente máis vantaxosa.

Santiago de Compostela, 16 de abril de 2015

Juan José Muñoz Iglesias
Xerente da Axencia Galega de Emerxencias