Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Martes, 12 de maio de 2015 Páx. 18786

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Emerxencias

RESOLUCIÓN do 21 de abril de 2015 pola que se fai pública a formalización do contrato administrativo suxeito á regulación harmonizada para a subministración de servidores e rede de almacenamento destinados ao novo Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia (CIAE 112 Galicia), cofinanciado nun 80 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, eixe 3, prioridade 53.

1. Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención de información:

a) Organismo: Axencia Galega de Emerxencias.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=21714

Tamén se terá acceso ao perfil do contratante a través da páxina web:

http://www.axega112.org

d) Número de expediente: AXGE.14.SU.025.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: contrato administrativo de subministración.

b) Descrición: subministración de servidores, sistema de almacenamento e software para o centro de proceso de datos da nova sede do CIAE 112 Galicia.

c) CPV (referencia de nomenclatura): 48820000-2.

d) Data de publicación do anuncio de licitación: DOUE 2014/S 238-418537, do 10.12.2014; BOE nº 304, do 17.12.2014 e DOG nº 239, do 15.12.2014.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: documentalmente simplificada e ordinaria.

b) Procedemento: aberto, atendendo a varios criterios de adxudicación.

4. Orzamento base de licitación: importe neto: 394.543,92 €; importe total: 477.398,15 €.

5. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 12 de marzo de 2015.

b) Data de formalización: 7 de abril de 2015.

c) Adxudicataria: Telefónica Soluciones de informática y Comunicaciones de España, S.A.U.

d) Importe de adxudicación: importe neto: 394.500,00 €; importe total: 477.345,00 €.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: economicamente máis vantaxosa.

Santiago de Compostela, 21 de abril de 2015

Juan José Muñoz Iglesias
Xerente da Axencia Galega de Emerxencias