Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Luns, 18 de maio de 2015 Páx. 19144

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 4 de maio de 2015 pola que se convocan os premios fin de carreira da Comunidade Autónoma de Galicia para o alumnado que rematou os seus estudos universitarios no ano 2014 nas universidades do Sistema universitario de Galicia.

O Estatuto de autonomía de Galicia, no seu artigo 31, establece como competencia plena da Comunidade Autónoma de Galicia a regulación e administración do ensino en toda a súa extensión, niveis e graos, modalidades e especialidades, no ámbito das súas competencias.

A Lei 6/2013, do 13 de xuño, do Sistema universitario de Galicia, regula o dito sistema, con respecto á autonomía universitaria, no marco do Sistema universitario español e do Espazo Europeo de Educación Superior.

No artigo 108.1 da referida lei establécese que, sen prexuízo das competencias do Estado, a Xunta de Galicia articulará unha política en materia de axudas e bolsas ao estudo e á investigación, mediante convocatorias anuais, para garantir que todo o estudantado que cumpra as condicións para cursar estudos universitarios con aproveitamento poida acceder, en condicións de igualdade, aos estudos universitarios e poida desenvolvelos sen ser excluído por razóns económicas.

No ámbito da súa competencia, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través da Secretaría Xeral de Universidades, desenvolve anualmente diversas liñas de axuda ao alumnado de ensino universitario encamiñadas a favorecer a calidade, a competencia, a igualdade de oportunidades e a excelencia no rendemento académico.

A promoción, desenvolvemento e mellora da calidade do Sistema universitario de Galicia implica tamén apreciar e incentivar a excelencia académica dos seus estudantes como aposta de futuro do noso país. Esa implicación é a que leva á Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria a seguir recoñecendo o esforzo, traballo e dedicación do alumnado que remata os estudos universitarios cunha excelente traxectoria académica, convocando cada ano os premios fin de carreira.

Esta convocatoria axústase ao disposto na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e, en concreto, no relativo aos principios de obxectividade, concorrencia e publicidade na concesión de axudas e subvencións e no establecido no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, e ás disposicións aplicables da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, á Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e de boas prácticas na Administración pública galega, e ao Decreto 132/2006, do 27 de xullo, polo que se regulan os rexistros públicos creados nos artigos 44 e 45 da Lei 7/2005, do 29 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2006.

Na súa virtude, e no uso das atribucións que me foron concedidas,

DISPOÑO:

Artigo 1. Obxecto

1. O obxecto desta orde é galardoar os/as estudantes do Sistema universitario de Galicia que remataron brillantemente os seus estudos cun recoñecemento de carácter oficial que ao mesmo tempo comporte unha dotación económica.

2. Os premios fin de carreira convócanse en réxime de concorrencia competitiva e están destinados aos/ás alumnos/as que, contando co mellor expediente académico de entre as persoas solicitantes, rematasen os estudos universitarios conducentes á obtención dos títulos de graduado, licenciado, enxeñeiro, arquitecto, diplomado, mestre, enxeñeiro técnico ou arquitecto técnico, no curso académico 2013/14 nas universidades do Sistema universitario de Galicia.

Artigo 2. Orzamento

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria financiará estes premios con cargo á aplicación orzamentaria 09.40.422C.480.0 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2015, cunha contía global de 187.500 euros, sen prexuízo de poder ser incrementados de acordo coas dispoñibilidades orzamentarias da consellería, de conformidade cos supostos previstos na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007.

Artigo 3. Período e dotación do premio

1. Para os efectos desta orde, entenderase por curso académico o período comprendido entre o 1 de setembro de 2013 e o 30 de setembro de 2014.

2. Os/as premiados/as recibirán unha dotación económica dun máximo de 2.500 euros e un diploma acreditativo desta distinción.

Artigo 4. Requisitos dos/das solicitantes

Poderá solicitar estas axudas o alumnado universitario que cumpra os seguintes requisitos:

a) Teren cursado integramente os estudos da titulación universitaria pola que opta ao premio nas universidades do Sistema universitario de Galicia.

b) Teren unha puntuación media no seu expediente académico igual ou superior a 8,50 puntos, para os/as alumnos/as das ramas de coñecemento de Artes e Humanidades, Ciencias Sociais e Xurídicas, Ciencias e Ciencias da Saúde; e 7,50 puntos, para os/as alumnos/as da rama de Enxeñaría e Arquitectura.

c) En ningún caso o primeiro ciclo dunha titulación das previstas na Lei de reforma universitaria (LRU) poderá servir de base para a concesión de máis dun premio fin de carreira.

d) Aqueles/as alumnos/as que xa obtiveron un premio fin de carreira da Comunidade Autónoma en anteriores convocatorias non poderán obtelo de novo.

Artigo 5. Forma e prazo de presentación de solicitudes e documentación que hai que presentar

1. As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado ED415A dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es, de acordo co establecido nos artigos 27 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos, e 24 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes. Para a presentación das solicitudes será necesario o documento nacional de identidade electrónico ou calquera dos certificados electrónicos recoñecidos pola sede da Xunta de Galicia.

Opcionalmente, tamén se poderán presentar as solicitudes en soporte papel en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Para dúbidas relacionadas con dificultades técnicas ou no caso de necesidade de máis información durante o proceso de obtención dos formularios e da súa presentación por vía electrónica, as persoas interesadas poderán facer as súas consultas no teléfono de información 012 ou no enderezo electrónico 012@xunta.es .

Se as dúbidas están relacionadas coa presente convocatoria, poderán facer as súas consultas no enderezo electrónico orientacion.sug@edu.xunta.es .

2. A documentación complementaria poderá presentarse electronicamente utilizando calquera procedemento de copia dixitalizada do documento orixinal. Neste caso, as copias dixitalizadas presentadas garantirán a fidelidade co orixinal baixo a responsabilidade da persoa solicitante ou representante. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada segundo o disposto nos artigos 35.2 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos, e 22.3 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.

A documentación complementaria tamén poderá presentarse en formato papel en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

As copias dos documentos gozarán da mesma validez e eficacia que os seus orixinais sempre que exista constancia de que son auténticas.

3. O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día de prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes do vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último do mes.

4. Xunto coa solicitude (anexo I, modelo normalizado ED415A), deberá achegar:

a) Copia do DNI ou do NIE cando o/a solicitante non autorice a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria para consultar os seus datos no Sistema de verificación de datos do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas.

b) Copia da certificación académica oficial completa emitida pola universidade correspondente, na cal se fará constar a nota media do expediente académico, obtida de acordo cos parámetros reflectidos no protocolo de colaboración subscrito o 27 de xuño de 2011 entre a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e as universidades de Santiago de Compostela, A Coruña e Vigo para a valoración dos expedientes académicos, cuxa publicación no DOG foi acordada pola Resolución da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria do 15 de setembro de 2011 (DOG do 30 de setembro).

Os/as alumnos/as que cursaron estudos de segundo ciclo (licenciatura, arquitectura e enxeñaría) por accederen desde unha titulación de primeiro ciclo ou desde o primeiro ciclo doutra titulación, deberán enviar ademais unha copia da certificación académica oficial relativa ao primeiro ciclo realizado. Igualmente, os/as alumnos/as que cursaron estudos oficiais de grao por accederen desde unha titulación de primeiro ciclo ou primeiro e segundo ciclo, deberán presentar unha copia da certificación académica oficial completa na que se inclúa o recoñecemento dos créditos das materias cursadas nestes.

c) Copia do título universitario oficial español ou documento que legalmente o substitúa no caso de non autorizar a súa consulta.

5. A sede electrónica da Xunta de Galicia ten á disposición das persoas interesadas unha serie de modelos normalizados dos trámites máis comunmente utilizados na tramitación administrativa, que poderán ser presentados en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Artigo 6. Instrución do procedemento e exposición de listaxes provisionais para emenda de solicitudes e documentación

1. A Secretaría Xeral de Universidades, rematado o prazo de presentación de solicitudes e unha vez examinadas estas e a documentación presentada polas persoas solicitantes, exporá as listaxes provisionais de solicitudes admitidas e as excluídas, sinalando os motivos de exclusión, nos taboleiros de anuncios da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, nas súas xefaturas territoriais e nas vicerreitorías de estudantes das tres universidades galegas. Así mesmo, poderán ser consultadas no portal educativo da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria: www.edu.xunta.es/ na epígrafe de Ensinanza/Universidade.

2. As persoas interesadas disporán dun prazo de reclamación de dez (10) días e, durante ese prazo, poderán emendar erros e a falta de documentación ante a Secretaría Xeral de Universidades, achegando, se é o caso, a documentación necesaria. Transcorrido este prazo sen que se emenden os erros ou se achegue a documentación preceptiva, considerarase que o/a interesado/a desiste da súa petición, nos termos e condicións establecidos no artigo 71 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Artigo 7. Comisión avaliadora

1. A comisión avaliadora estará integrada polos seguintes membros:

Presidente/a: o titular da Secretaría Xeral de Universidades ou a persoa en quen delegue.

Vogais: dous/dúas representantes da Secretaría Xeral de Universidades.

Secretaria: a xefa do Servizo de Apoio e Orientación aos Estudantes Universitarios, que actuará con voz e voto.

2. A comisión avaliadora, para o exercicio das súas funcións, poderá contar co asesoramento de expertos/as na materia obxecto da convocatoria.

3. Se por calquera causa, no momento en que a comisión avaliadora teña que examinar as solicitudes, algún/algunha dos/as compoñentes non pode asistir, será substituído/a pola persoa que para o efecto se nomee. Este nomeamento deberá recaer noutra persoa da Secretaría Xeral de Universidades.

Artigo 8. Criterios de avaliación

1. A selección das solicitudes que cumpran os requisitos establecidos na convocatoria será realizada pola comisión avaliadora atendendo ao expediente académico coa cualificación da nota media máis alta obtida polo/a alumno/a en cada unha das distintas titulacións recollidas na LRU (licenciatura, enxeñaría, arquitectura, diplomatura, mestre, enxeñaría técnica ou arquitectura técnica), ou as titulacións de grao implantadas no Sistema universitario de Galicia segundo a táboa incluída nesta orde.

2. No caso de que unha titulación de grao compita con máis dunha titulación LRU, ou unha titulación LRU compita con máis dunha titulación de grao, quedará sen premio a titulación coa nota media máis baixa.

3. A nota media calcularase de acordo cos parámetros reflectidos no protocolo de colaboración subscrito o 27 de xuño de 2011 entre a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e as universidades de Santiago de Compostela, A Coruña e Vigo para a valoración dos expedientes académicos, cuxa publicación no DOG foi acordada pola Resolución da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria do 15 de setembro de 2011 (DOG do 30 de setembro).

4. En caso de empate na nota media do expediente académico entre varias persoas solicitantes, procederase ao desempate de acordo coa seguinte orde de prelación:

1ª Menor número de suspensos.

2ª Maior número de matrículas de honra.

3ª Maior número de sobresalientes.

4ª Maior número de notables.

Artigo 9. Proposta de resolución

Unha vez efectuada a selección, a comisión avaliadora elevará, a través da Secretaría Xeral de Universidades, un informe-proposta ao conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria para a adxudicación dos premios mediante a correspondente resolución.

Artigo 10. Resolución

1. A resolución terá o seguinte contido:

a) Listaxe de beneficiarios/as dos premios e a contía destes.

b) Listaxe das persoas que non obtiveron premio.

2. Para os efectos establecidos no artigo 23.4 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, o prazo máximo para resolver as solicitudes correspondentes ás accións especificadas nesta orde será de cinco meses, e comezará a contar desde o día seguinte á data de remate do prazo de presentación de solicitudes. Transcorrido este prazo sen que recaia resolución expresa, os/as interesados/as poderán entender desestimadas as súas solicitudes por silencio administrativo.

3. A resolución de concesión dos premios publicarase no Diario Oficial de Galicia e na páxina web da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria (http://www.edu.xunta.es) pola que se entenderán notificados para todos os efectos os solicitantes, de conformidade co artigo 58 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

4. Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, as persoas afectadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación da resolución no DOG, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Artigo 11. Pagamento

O aboamento dos premios farase efectivo mediante libramento único e directo na conta bancaria indicada polo/a beneficiario/a.

Artigo 12. Obrigas dos/as beneficiarios/as

A presentación da solicitude implica a aceptación das bases desta convocatoria e a obriga de:

1. Facilitar toda a información que lles sexa requirida pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, así como da Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, o Tribunal de Contas e o Consello de Contas, no exercicio das súas funcións de fiscalización e control do destino das axudas, segundo dispón o artigo 14.1.k) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

2. Acreditar mediante certificación que se está ao día no cumprimento das súas obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social e que non ten pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma. Esta certificación poderá ser substituída pola declaración responsable que figura dentro do anexo I desta orde, segundo se regula no artigo 11 do Regulamento da Lei 9/2007.

Artigo 13. Compatibilidade, modificación e reintegro dos premios

1. Estes premios son compatibles con outros premios, bolsas e axudas para a mesma finalidade procedentes de calquera outra Administración ou de entes públicos ou privados, nacionais, da Unión Europea ou de organismos internacionais.

2. O incumprimento total ou parcial de calquera das condicións establecidas nesta orde constituirá causa determinante de revogación do premio e do seu reintegro, total ou parcial, polo/a beneficiario/a, segundo o disposto no artigo 33 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

3. A obtención do premio falseando as condicións requiridas ou ocultando aquelas que impedirían a súa concesión constituirá causa determinante de revogación do premio e do seu reintegro polo/a beneficiario/a, segundo o disposto no artigo 33 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e logo da tramitación establecida no artigo 77 e seguintes do Regulamento da Lei 9/2007, aprobado polo Decreto 11/2009, do 9 de xaneiro.

Artigo 14. Consentimentos e autorizacións

1. A tramitación do procedemento require a incorporación de datos en poder das administracións públicas. Polo tanto, os modelos de solicitude incluirán autorizacións expresas ao órgano xestor para realizar as comprobacións oportunas que acrediten a veracidade dos datos. No caso de que non se autorice o órgano xestor para realizar esta operación, deberán achegarse os documentos comprobantes dos datos, nos termos exixidos polas normas reguladoras do procedemento.

2. De conformidade co artigo 13.4 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e de boas prácticas na Administración pública galega, e co previsto no Decreto 132/2006, do 27 de xullo, polo que se regulan os rexistros públicos creados nos artigos 44 e 45 da Lei 7/2005, do 29 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2006, a consellería publicará na súa páxina web oficial a relación das persoas beneficiarias e o importe das axudas concedidas. Incluirá, igualmente, as referidas axudas e as sancións que, como consecuencia delas, puidesen impoñerse nos correspondentes rexistros públicos, polo que a presentación da solicitude leva implícita a autorización para o tratamento necesario dos datos das persoas beneficiarias e a referida publicidade.

Artigo 15. Datos de carácter persoal

De conformidade coa Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, os datos persoais recollidos na tramitación desta disposición, cuxo tratamento e publicación autoricen as persoas interesadas mediante a presentación das solicitudes, serán incluídos nun ficheiro denominado «Relacións administrativas coa cidadanía e entidades», cuxo obxecto é xestionar o presente procedemento, así como para informar as persoas interesadas sobre o seu desenvolvemento. O órgano responsable deste ficheiro é a Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición poderanse exercer ante a Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, mediante o envío dunha comunicación ao seguinte enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela, ou a través dun correo electrónico a sxu@edu.xunta.es .

Disposición adicional primeira. Réxime sancionador

As persoas beneficiarias dos premios quedan suxeitas ao réxime de infraccións e sancións previsto para esta materia no título IV da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Disposición adicional segunda. Impugnación da orde

Esta orde poderá ser impugnada mediante recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no DOG, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente mediante recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous (2) meses de acordo co establecido no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Disposición derradeira primeira. Habilitación para o desenvolvemento normativo

Facúltase ao titular da Secretaría Xeral de Universidades para ditar, dentro das súas competencias, as resolucións precisas para o desenvolvemento desta orde.

Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 4 de maio de 2015

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

Táboa de titulacións

Grao

Titulacións LRU

En Administración e Dirección de Empresas

Licenciatura en Administración e Dirección de Empresas

En Arquitectura

Arquitectura

En Arquitectura Naval

Enxeñaría Técnica Naval, esp. en Estruturas Mariñas

En Arquitectura Técnica

Arquitectura Técnica

En Belas Artes

Licenciatura en Belas Artes

En Bioloxía

Licenciatura en Bioloxía

En Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos

En Ciencia Política e da Administración

Licenciatura en Ciencias Políticas e da Administración

En Ciencias Ambientais

En Ciencias da Actividade Física e do Deporte

Licenciatura en Ciencias da Actividade Física e do Deporte

En Ciencias da Cultura e Difusión Cultural

Licenciatura en Humanidades

En Humanidades

En Ciencias do Mar

Licenciatura en Ciencias do Mar

En Ciencias Empresariais

Diplomatura en Ciencias Empresariais

En Comercio

En Comunicación Audiovisual

Licenciatura en Comunicación Audiovisual

En Consultoría e Xestión da Información

En Dereito

Licenciatura en Dereito

En Dirección e Xestión Pública

Diplomatura en Xestión e Administración Pública

En Economía

Licenciatura en Economía

En Educación Infantil

Mestre, especialidade de Educación Infantil

En Educación Primaria

Mestre, especialidade de Educación Musical

Mestre, especialidade de Lingua Estranxeira

Mestre, especialidade de Educación Primaria

Mestre, especialidade de Educación Especial

Mestre, especialidade de Educación Física

Mestre, especialidade de Audición e Linguaxe

En Educación Social

Diplomatura en Educación Social

En Enfermaría

Diplomatura en Enfermaría

En Enxeñaría Agraria

Enxeñaría Técnica Agrícola, esp. en Industrias Agrarias e Alimentarias

En Enxeñaría das Industrias Agroalimentarias

En Enxeñaría Civil

Enxeñaría Técnica de Obras Públicas, esp. en Transportes e Servizos Urbanos

*

En Enxeñaría Agrícola e do Medio Rural

Enxeñaría Técnica Agrícola, esp. en Mecanización e Construcións Rurais

Enxeñaría Técnica Agrícola, esp. Explotacións Agropecuarias

Enxeñaría Técnica Agrícola, esp. Hortofruticultura e Xardinaría

En Enxeñaría da Enerxía

En Enxeñaría de Obras Públicas

Enxeñaría Técnica de Obras Públicas, esp. en Construcións Civís

En Enxeñaría de Procesos Químicos Industriais

Enxeñaría Técnica Industrial, esp. en Química Industrial

En Enxeñaría en Química Industrial

En Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación

Enxeñaría Técnica de Telecomunicación, esp. en Sistemas de Telecomunicación

Enxeñaría Técnica de Telecomunicación, esp. en Son e Imaxe

En Enxeñaría dos Recursos Mineiros e Enerxéticos

En Enxeñaría Eléctrica

Enxeñaría Técnica Industrial, esp. en Electricidade

En Enxeñaría en Deseño Industrial e Desenvolvemento do Produto

Enxeñaría Técnica en Deseño Industrial

En Enxeñaría en Electrónica Industrial e Automática

Enxeñaría Técnica Industrial, esp. en Electrónica Industrial

En Enxeñaría en Organización Industrial

En Enxeñaría en Propulsión e Servizos do Buque

Enxeñaría Técnica, esp. en Propulsión e Servizos do Buque

En Enxeñaría en Tecnoloxías Industriais

En Enxeñaría Forestal

Enxeñaría Técnica Forestal, esp. en Industrias Forestais

En Enxeñaría Forestal e do Medio Natural

En Enxeñaría en Xeomática e Topografía

Enxeñaría Técnica en Topografía

En Enxeñaría Mariña

Diplomatura en Máquinas Navais

En Enxeñaría Informática

Enxeñaría Técnica en Informática de Xestión

Enxeñaría Técnica en Informática de Sistemas

En Enxeñaría Mecánica

Enxeñaría Técnica Industrial, esp. en Mecánica

En Enxeñaría Náutica e de Transporte Marítimo

Diplomatura en Navegación Marítima

En Enxeñaría Química

En Lingua e Literatura Españolas

Licenciatura en Filoloxía Hispánica

En Español: Estudos Lingüísticos e Literarios

En Farmacia

Licenciatura en Farmacia

En Estudos de Galego e Español

Licenciatura en Filoloxía Galega

En Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios

En Lingua e Literatura Galegas

En Filoloxía Clásica

Licenciatura en Filoloxía Clásica

En Filosofía

Licenciatura en Filosofía

En Física

Licenciatura en Física

En Fisioterapia

Diplomatura en Fisioterapia

En Historia

Licenciatura en Historia

En Xeografía e Historia

En Historia da Arte

Licenciatura en Historia da Arte

En Información e Documentación

Diplomatura en Biblioteconomía e Documentación

En Inglés: Estudos Lingüísticos e Literarios

Licenciatura en Filoloxía Inglesa

En Linguas Estranxeiras

En Lingua e Literatura Inglesas

En Matemáticas

Licenciatura en Matemáticas

En Lingua e Literatura Modernas

Licenciatura en Filoloxía Alemá

Licenciatura en Filoloxía Francesa

Licenciatura en Filoloxía Italiana

Licenciatura en Filoloxía Portuguesa

Licenciatura en Filoloxía Románica

En Logopedia

Diplomatura en Logopedia

En Medicina

Licenciatura en Medicina

En Nutrición Humana e Dietética

En Odontoloxía

Licenciatura en Odontoloxía

En Óptica e Optometría

Diplomatura en Óptica e Optometría

En Pedagoxía

Licenciatura en Pedagoxía

En Podoloxía

Diplomatura en Podoloxía

En Psicoloxía

Licenciatura en Psicoloxía

En Publicidade e Relacións Públicas

Licenciatura en Publicidade e Relacións Públicas

En Química

Licenciatura en Química

En Relacións Laborais e Recursos Humanos

Diplomatura en Relacións Laborais

En Socioloxía

Licenciatura en Socioloxía

En Tecnoloxía de Enxeñaría Civil

En Terapia Ocupacional

Diplomatura en Terapia Ocupacional

*

En Traballo Social

Diplomatura en Traballo Social

En Tradución e Interpretación

Licenciatura en Tradución e Interpretación

En Turismo

Diplomatura en Turismo

En Veterinaria

Licenciatura en Veterinaria

En Xeografía e Ordenación do Territorio

Licenciatura en Xeografía

En Xornalismo

Licenciatura en Xornalismo

Enxeñaría Agrónoma

Enxeñaría de Camiños, Canais e Portos

Enxeñaría de Minas

Enxeñaría de Montes

Enxeñaría de Organización Industrial

Enxeñaría de Telecomunicación

Enxeñaría en Automática e Electrónica Industrial

Enxeñaría en Informática

Enxeñaría Industrial

Enxeñaría Naval e Oceánica

Enxeñaría Química

Enxeñaría en Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos

Licenciatura en Documentación

Licenciatura en Máquinas Navais

Licenciatura en Náutica e Transporte Marítimo

Licenciatura en Psicopedagoxía

missing image file
missing image file